Gertrude Blanch
Gittel Kaimowitz, nada en Kolno (Imperio Ruso, posteriormente en Polonia) o 2 de febreiro de 1897 e finada en San Diego o 1 de xaneiro de 1996, foi unha matemática estadounidense coñecida como Gertrude Blanch, pioneira da análise numérica e a computación. Foi líder do Mathematical Tables Project de Nova York dende os seus comezos. Traballou posteriormente como directora axudante e líder de análise numérica na división de computación de UCLA e foi a xefa de investigación matemática para o Laboratorio de Investigación Aerospacial da base da forza aérea Wright-Patterson en Dayton, Ohio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pl) Gittel Kaimowitz 2 de febreiro de 1897 Kolno (Imperio Ruso) |
Morte | 1 de xaneiro de 1996 (98 anos) San Diego, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Cornell (1932–1935) Universidade de Nova York (1927–1932) Eastern District High School (en) |
Tese académica | Properties of the Veneroni Transformation in S_4 (en) (1936 ) |
Director de tese | Virgil Snyder (pt) |
Actividade | |
Ocupación | matemática, informática teórica |
Empregador | Wright-Patterson Air Force Base (pt) (1954–1967) ElectroData Corporation (en) (1952–1953) National Institute of Standards and Technology (pt) (1948–1952) Mathematical Tables Project (pt) (1938–1948) Hunter College (en) (1936–1937) |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e educación
editarBlanch naceu en Kolno, filla de Wolfe Kaimowitz e Dora Blanc. Kolno era historicamente parte de Polonia, mais nese tempo pertencía ao Imperio Ruso. Blanch era a máis nova de sete fillos. Wolfe Kaimowitz emigrou aos Estados Unidos, e en 1907, Dora Blanc, Gertrude e outra filla máis uníronse a el en Nova York.[1][2]
Blanch asistiu a escolas públicas neoiorquinas. En 1914 graduouse do Eastern District High School de Brooklyn. Máis tarde ese ano, Kaimowitz faleceu, así que Blanch decidiu procurar un emprego para axudar a súa familia. Traballou durante catorce anos en postos de oficinas, aforrando cartos para a escola. Converteuse en cidadá estadounidense en 1921. Despois de que morrese a súa nai en 1927, Blanch comezou a tomar clases nocturnas no Washington Square College, parte da Universidade de Nova York. En 1932, Blanch recibiu o seu grao de Bachelor of Science en matemáticas cun minor en física pola Universidade de Nova York. Ese mesmo anos, cambiou o seu nome de Kaimowitz a Blanch, versión americanizada do nome da súa nai. Recibiu o seu Ph.D. pola Universidade Cornell en xeometría alxébrica en 1935.[1]
Carreira
editarDurante un ano, traballou como titora en lugar dun colega cunha licenza en Hunter College; entón, traballou como bibliotecaria.[1] En 1938, comezou a traballar no Mathematical Tables Project da WPA, para a que era "Directora de Matemáticas" e "Directora de Computation". Isto implicaba deseñar algoritmos que eran executados por grupos de computadoras humanas baixo a súa dirección. Moitas desas "computadoras" posuían só habilidades matemáticas rudimentarias, mais os algoritmos e os erros que comprobaban no proxecto estaban suficientemente ben deseñados para que a súa saída definise o estándar para a solución dunha función transcendental durante décadas. O proxecto despois pasou a formar parte do laboratorio de computación do National Bureau of Standards.
O Mathematical Tables Project converteuse nunha organización independente tralo remate da WPA a finais de 1942. Durante a segunda guerra mundial, opero como oficina de computación principal para o goberno dos Estados Unidos e fixo cálculos para a Oficina de Investigación e Desenvolvemento Científicos, o exército, a mariña o proxecto Manhattan e outras institucións. Blanch liderou o grupo durante a guerra.
Trala guerra, a carreira de Blanch foi obstruída polas sospeitas do FBI de que era unha comunista en segredo. As pistas sobre iso parecen escasas, e incluían, por exemplo, a observación de que nunca casara nin tivera filla, ademais do feito de que a súa irmá estaba afiliada ao Partido Comunista.[1] No que debeu ser un momento decisivo, a diminuta matemática de cincuenta anos pediu, e gañou, unha audiencia para limpar o seu nome.
Posteriormente, traballou para o Instituto de Análise Numérica de UCLA e o Laboratorio de Investigación Aerospacial da base da forza aérea Wright-Patterson en Dayton, Ohio. Foi unha dos primeiros membros da ACM.
Últimos anos
editarBlanch retirouse en 1967 aos 69 anos, mais continuou a traballar cun contrato como consultora para a forza aérea outro ano máis. Posteriormente mudouse a San Diego e continuou a traballar en solucións numéricas das funcións de Mathieu ata a súa morte en 1996, concentrándose no uso de fraccións continuas para acadar reslutados altamente precisos nun número pequeno de pasos computacionais. O traballo non foi publicado.
Os Gertrude Blanch Papers (1932–1996)[3] están dispoñibles no Charles Babbage Institute da Universidade de Minnesota, Minneapolis.
Publicacións
editarBlanch publicou máis de trinta artigos sobre aproximación funcional, análise numérica e funcións de Mathieu.
Honras e premios
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Blanch biography". www-history.mcs.st-and.ac.uk. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ Green, Judy; LaDuke, Jeanne (xaneiro de 2009). Pioneering Women in American Mathematics: The Pre-1940 PhD's. American Mathematical Society. pp. 144–145. ISBN 978-0-8218-4376-5. Biografía nas páx. 83–89 de Supplementary Material en AMS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Gertrude Blanch" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ NIST
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Grier, David Alan, "Gertrude Blanch of the Mathematical Tables Project", Annals of the History of Computing, 19.4 (1997), 18–27.
- Grier, David Alan, "The Math Tables Project of the Work Projects Administration: the reluctant start of the computing era", Annals of the History of Computing, 20 (1998), 33–50.
- Grier, David Alan, "When Computers Were Human", 2005.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Gertrude Blanch", Biographies of Women Mathematicians Arquivado 29 de marzo de 2017 en Wayback Machine., Agnes Scott College
- Gertrude Blanch Papers, 1932-1996 Charles Babbage Institute, University of Minnesota, Minneapolis.
- Computer Oral History Collection: Dr. Gertrude Blanch, 1969-1973 Smithsonian National Museum of American History
- Gertrude Blanch, The History of Numerical Analysis and Scientific Computing
- Blanch Biography, University of St Andrews Arquivado 07 de xuño de 2019 en Wayback Machine.