German Titov

cosmonauta soviético

German Stepanovich Titov, nado en Verhnee Zhilino (Krai de Altai, Rusia), o 11 de setembro de 1935 e finado o 20 de setembro de 2000, foi un cosmonauta soviético e segunda persoa en orbitar a Terra na misión Vostok 2.[1][2]

German Titov
Datos persoais
Nacemento11 de setembro de 1935 e 13 de setembro de 1935
LugarVerkh-Zhilino
Falecemento20 de setembro de 2000
Actividade
MisiónsVostok 2
Tempo no espazo1,05 días
PremiosOrde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Orde da Revolución de Outubro, Orden de karl Marx, Orde por Servizos á Patria de terceiro grao, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "For the Development of Virgin Lands", sen etiquetar, Mestre emérito do deporte da Unión Soviética, Heroe Socialista do Traballo, Orden de Georgi Dimitrov, Herói da República Popular da Mongólia, Ordem de Sukhbaatar, Orde da Estrela Iugoslava, Star of the Socialist Republic of Romania, Congolese Order of Merit, Honored badge of merit of the President of Ukraine, Premio Lenin, Estrela Dourada, Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Piloto-Cosmonauta da URSS, Medalla de veteranos das Forzas Armadas da URSS, Medal "For Impeccable Service", 3rd class, Medal "For Impeccable Service", 2nd class e Jubilee Medal "30 Years of the Victory over militaristic Japan"
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Titov completou o seu adestramento militar en 1957, servindo na Forza Aérea da Unión Soviética como piloto na Segunda Rexión de Aviación de Leningrado. En 1960 foi elixido no primeiro grupo de cosmonautas da Unión Soviética, viaxando a bordo da Vostok 2 nunha misión de un día e converténdose no segundo ser humano en orbitar a Terra despois de Iuri Gagarin. En 1962 adestrou para ser piloto de probas na Academia Zhukovskii de Enxeñaría da Forza Aérea, liderando o grupo que adestrou para pilotar o avión espacial Spiral e graduándose en 1968. Titov elixiu seguir unha carreira máis dirixida á xestión nas forzas espaciais en lugar de continuar como cosmonauta, graduándose na Academia Xeral de Persoal Militar chegando a ser Director Adxunto do Mando e Control Espaciais en agosto de 1972. A partir de 1973 foi Director Adxunto de GUKOS para investigación e, entre 1979 e 1991, comandante da mesma organización. Titov retirouse do exército en outubro de 1992. Finou en Moscova o 20 de setembro de 2000.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Titov, German Stepanovich" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Spacefacts, ed. (19 de abril de 2018). "Titov" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar