Gerardo Rodríguez Fernández

carpinteiro e político galego

Gerardo Rodríguez Fernández, coñecido como Gerinaldo, nado no Barco de Valdeorras cara a 1904 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Infotaula de personaGerardo Rodríguez Fernández
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGerinaldo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Rodríguez Fernández Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Vilanova de Valdeorras. Militante do PCE, era presidente do Sindicato Obrero y Campesino de Vilanova. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro do Barco de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión o 5 de agosto de 1937 co seu irmán Francisco Rodríguez Fernández,[1] e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias e José González Tesouro.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1938,[3] e foi sancionado ao pago de 100 pesetas en 1941.

Vida persoal editar

Casou con Luisa Álvarez Fariñas, con quen tivo tres fillos.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 6-8-1937, p. 7.
  2. La Región, 12-10-1937, p. 3.
  3. BOP Ourense, 25-1-1938, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar