Francisco Rodríguez Fernández (O Barco de Valdeorras)

xornaleiro e político galego

Francisco Rodríguez Fernández, nado no Barco de Valdeorras cara a 1910 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 9 de setembro de 1941, foi un xornaleiro e político galego.

Infotaula de personaFrancisco Rodríguez Fernández
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornaleiro , político Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsGerardo Rodríguez Fernández Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Vilanova de Valdeorras. Militante do PCE, era presidente do grupo comunista de Vilanova. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Foi detido o 27 de febreiro de 1937. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión o 5 de agosto de 1937 co seu irmán Gerardo Rodríguez Fernández,[1] e condenado á pena de morte, conmutada a cadea perpetua. Finou no campo de traballo da Carretera del Centro das Palmas de Gran Canaria o 9 de setembro de 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1938,[2] e foi sancionado co pago de 100 pesetas en 1941.

Vida persoal editar

Casou con Pilar Álvarez Fernández, con quen tivo unha filla.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 6-8-1937, p. 7.
  2. BOP Ourense, 25-1-1938, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar