Gerardo Machado

político cubano

Gerardo Machado Morales, nado en Camajuaní o 28 de setembro 1871 e finado en Miami Beach, Florida, o 29 de marzo 1939, foi un político cubano, que foi o quinto presidente de Cuba.

Gerardo Machado
Gerardo Machado.jpg
Datos persoais
Nacemento28 de setembro de 1871
 Camajuaní Cuba Cuba
Falecemento29 de marzo de 1939
 Miami Beach, Florida
OrganizaciónPartido Liberal
Relixióncatolicismo
Na rede
Find a Grave: 6881438 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Infancia, mocidade e camiño cara ao poderEditar

Naceu o 28 de setembro de 1871 en Camajuaní, fillo de crioulos os cales pertencían a unha clase non moi acomodada. Ingresou moi novo ao chamado Exército Liberador, no cal se foi destacando até que chegou a ser xeral. Combateu na zona de As Vilas xunto a José Miguel Gómez, o home que anos despois o recoñecería como Secretario de Gobernación.

En 1917 participou en Rebelión de A Chambelona, unha pequena guerra política que rematou coa derrota do Partido Liberal, ao cal pertencía Machado. Foi un importante executivo da General Electric Co. e ademais vicepresidente da Cuban Electric Company.

DitaduraEditar

A partir de 1924 durante a campaña presidencial, anuncia o seu programa electoral no cal se destacan os seus proxectos en canto a benestar social, educación, sanidade e viarias. A consigna da súa campaña era: "agua, caminos y escuelas" (auga, camiños e escolas). Foi electo Presidente da república e asumiu o cargo o 20 de maio de 1925. Durante o seu goberno destacáronse a construción do Capitolio da Habana, a Carretera Central e diversos pero insignificantes logros económicos.

O seu mandato caracterizouse por unha feroz represión contra as forzas opositoras. Durante o seu goberno, realizouse unha dura loita contra os comunistas cubanos, os cales atoparon en Machado un importante inimigo. Durante o seu goberno comezáronse a fortalecer os movementos revolucionarios.

Fortalecemento da oposición. Caída de MachadoEditar

Machado quen violara a Constitución cubana, foi elixido de novo nas eleccións (que aínda non foron aclaradas). Durante o seu goberno, presentáronse importantes figuras revolucionarias, tal é o caso de Julio Antonio Mella, Rubén Martínez Villena e un nacente Antonio Guiteras Holmes.

O 10 de xaneiro de 1929, Mella foi asasinado e isto levantou o poder opositor. O 12 de agosto de 1933, nunha folga revolucionaria, encabezada por Rubén Martínez Villena, Machado foi derrocado e obrigado a emigrar aos Estados Unidos cunha fortuna de dous millóns de dólares nas súas maletas. Alí morreu en 1939.

ValoraciónEditar

O intelectual cubano Rubén Martínez Villena, durante a Folga de Fame de Julio Antonio Mella, chamouno: "Asno con garras".[Cómpre referencia]