Geotrichum candidum

Geotrichum candidum
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Fungi
División: Ascomycota
Subdivisión: Ascomycotina
Clase: Saccharomycetes
Orde: Saccharomycetales
Familia: Endomycetaceae
Xénero: 'Geotrichum'
Especie: ''Geotrichum candidum''
Nome binomial
Geotrichum candidum
Johann Heinrich Friedrich Link, 1809

Geotrichum candidum é un fungo ascomiceto. É un organismo común do chan e foi illado de mostras de todos os continentes.

Presenza no corpo humano

editar

O geotrichum candidum está presente no microbioma humano, especialmente asociado á pel, mucosas e feces (comunmente chamados flora da pel, flora oral e flora intestinal, mesmo non sendo organismos vexetais).

Acción como patóxeno

editar

G. candidum é o axente causante da enfermidade humana geotrichosis e da enfermidade da pudrición aceda en plantas como cítricos, tomates ou cenouras. Tamén pode afectar os froitos do durio.[1]

G. candidum é amplamente utilizado na produción de produtos lácteos como os queixos Camembert, Santo-Nectaire ou Reblochon. O fungo tamén se pode atopar no iogur nórdico chamado viili, sendo responsable da súa textura.

Acción sobre termoplásticos

editar

Nun estudo do 2001 atopouse que G. candidum era capaz de consumir o policarbonato atopado en CD.[2]

  1. Sivapalan, A.; Metussin, Rosidah; Harndan, Fuziah; Zain, Rokiah Mohd (decembro de 1998). "Fungi associated with postharvest fruit rots of Durio graveolens and D. kutejensis in Brunei Darussalam" (PDF) (en inglés) 27 (4). Netherlands: Springer: 274–277. ISSN 1448-6032. OCLC 204773204. doi:10.1071/AP98033. Consultado o 21 de novembro de 2017. 
  2. Bosch, Xavier (27 de xuño de 2001). "Fungus eats CD". doi:10.1038/news010628-11. 

Véxase tamén

editar