George Gaylord Simpson

George Gaylord Simpson, nado en Chicago o 16 de xuño de 1902 e finado en Tucson o 6 de outubro de 1984, foi un paleontólogo e biólogo teórico estadounidense.

Modelo:BiografíaGeorge Gaylord Simpson
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1902 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1984 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Tucson, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - xeoloxía (–1926)
East High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseRichard Swann Lull (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPaleontoloxía e Bioloxía evolutiva Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónconservador, zoólogo, paleontólogo, autobiógrafo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Arizona
Universidade Harvard
Universidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarComandante Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSimpson Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJoan Simpson Burns Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Симпсон Джордж Гейлорд)
Medvik >>>:Simpson, George Gaylord, 1902-1984, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1017195 WikiTree: Simpson-16853 Find a Grave: 5841908 Editar o valor en Wikidata

Especialista nos mamíferos do mesozoico e do cenozoico, Simpson foi, xunto con Theodosius Dobzhansky e Ernst Mayr, un dos principais teóricos da Teoría evolutiva sintética. Tempo and Mode in Evolution e The Meaning of Evolution son as súas obras máis representativas.

Profesor no Museo Americano de Historia Natural (1927-1959) e nas Universidades de Columbia (1945-1959), Harvard (1959-1967) e Arizona (1967-1984), Simpson foi un dos paleontólogos máis influentes do século XX.

Traxectoria

editar

Naceu en Chicago, Illinois en 1902. Comezou os seus estudos universitarios na Universidade de Colorado en 1918. En 1922 trasladouse á Universidade Yale, onde obtivo a súa licenciatura en 1923 e o seu doutoramento en 1926, cunha tese sobre os mamíferos americanos do mesozoico.

Despois dunha estancia posdoutoral no Museo de Historia Natural de Londres, Simpson volveu aos Estados Unidos en 1927 para integrarse no Museo Americano de Historia Natural. Alí seguiu traballando nos mamíferos do mesozoico e do primeiro cenozoico, e participou en varias expedicións, especialmente á Patagonia (1930-31, 1933-34) para o estudo dos mamíferos do eoceno.

En 1942 alistouse no exército norteamericano, servindo no norte de África e en Europa Occidental até 1944. Ao seu regreso aos Estados Unidos foi ascendido a catedrático do departamento de Xeoloxía e Paleontoloxía no Museo Americano de Historia Natural, actividade que combinou coa de profesor de zooloxía na Universidade de Columbia (1945-1959).

En 1959, obtivo a cátedra Alexander Agassiz no Museo de Zooloxía Comparada da Universidade Harvard (1959-1967).

Finalmente, en 1967, trasladouse a Tucson, Arizona, como catedrático de Xeoloxía na Universidade de Arizona. E nesa cidade morreu o 6 de outubro de 1984.

  • Attending Marvels (1931)
  • Mammals and Land Bridges (1940)
  • Tempo and Mode in Evolution (1944)
  • The Meaning of Evolution (1949)
  • Horses (1951)
  • Evolution and Geography (1953)
  • The Major Features of Evolution (1953)
  • Life: An Introduction to Biology (1957)
  • Principles of Animal Taxonomy (1961)
  • This View of Life (1964)
  • The Geography of Evolution (1965)
  • Penguins (1976)
  • Concession to the Improbable (1978)
  • Splendid Isolation (1980)
  • The Dechronization of Sam Magruder (novela publicada postumamente, 1996)

Abreviatura

editar

A abreviatura Simpson emprégase para indicar a George Gaylord Simpson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar