George Armitage Miller

George Armitage Miller, nado en Charleston o 3 de febreiro de 1920 e finado en Plainsboro o 22 de xullo de 2012, foi un psicólogo estadounidense, un dos fundadores da psicoloxía cognitiva, e en xeral da ciencia cognitiva. Tamén contribuíu ao nacemento da psicolingüística. Miller escribiu varios libros e dirixiu o desenvolvemento de WordNet, base de datos mundial en liña que poden emprgar os computadores. Escribiu o artigo "The Magical Number Seven, Plus or Minus Two" en que relata como observou que moitas achegas experimentais consideradas en conxunto revelan a presenza dun límite medio de sete para a capacidade humana da memoria a curto prazo. Este artigo é citado con frecuencia por psicólogos e na cultura xeral. Miller gañou numerosos premios, como a National Medal of Science.

George Armitage Miller
Nacemento3 de febreiro de 1920
 Charleston, Virxinia Occidental
Falecemento22 de xullo de 2012
 Plainsboro Township
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard, Universidade do Alabama, Universidade George Washington, Universidade Harvard e Charleston High School
Ocupaciónpsicólogo e catedrático de universidade
Coñecido porThe Magical Number Seven, Plus or Minus Two
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Medalla Nacional de Ciencia, International Prize by Fyssen Foundation, Programa Fulbright, William James Fellow Award, APA Award for Lifetime Contributions to Psychology, APA Award for Distinguished Scientific Contributions to Psychology, sen etiquetar, Fellow of the Cognitive Science Society, Fellow of the Society of Experimental Psychologists, Fellow of the AAAS e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
editar datos en Wikidata ]

Miller comezou a súa carreira cando a teoría que reinaba na psicoloxía era o condutismo, que rexeitaba o estudo dos procesos mentais e se centraba no comportamento observábel. Contrarioi a esta investigación, Miller desenvolveu técnicas experimentais e métodos matemáticos para analizar os procesos mentais, centrándose no discurso e na linguaxe. Traballou principalmente na Universidade Harvard no MIT e na Universidade Princeton e acabou por converterse nun dos fundadores da psicolingüística e unha figura primordial na fundación do novo campo da ciencia cognitiva arredor de 1978. Colaborou e co escribiu con outras figuras deses campos como Noam Chomsky. Por mover a psicoloxía ao campo dos procesos mentais e aliñar ese movemento coa teoría da información, a teoría da computación e a lingüística, está considerado un dos grandes psicólogos do século XX. Un estudo do Review of General Psychology, publicado en 2002, recoñeceu a Miller como o vixésimo psicólogo máis citado desa época.[1]

ObrasEditar

NotasEditar

  1. Haggbloom, Steven J.; Powell, John L., III; Warnick, Jason E.; Jones, Vinessa K.; Yarbrough, Gary L.; Russell, Tenea M.; Borecky, Chris M.; McGahhey, Reagan; et al. (2002). "The 100 most eminent psychologists of the 20th century". Review of General Psychology 6 (2): 139–152. doi:10.1037/1089-2680.6.2.139. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar