Gatiña

Especie botánica de piorno
(Redirección desde «Genista anglica»)
Este artigo trata sobre a especie "Genista anglica", para a especie homónima de nome científico "Genista berberidea" véxase o artigo Piorno das brañas.

A gatiña ou piorno espiñento[1] (Genista anglica) é un piorno (familia das fabáceas) que medra en Europa. En Galiza aparece no sur do país.

Ilustración

Descrición

editar

Mato espiñento (por iso tamén recibe o nome de toxo bravo), ergueito e con espiños moi magros de 1 a 2 cm de lonxitude. Flores amarelas duns 8 mm de lonxitude, en pequenos acios. Pode ter follas aparentemente simples ou a dos tallos estériles ás veces con 3 folliñas, case sentadas. Rosea dende o inverno e toda a primavera.[2]

Hábitat

editar

Medra en piorneiras e uceiras húmidas, prados enchoupados e lamazais en substratos acedos dende o piso inferior deica uns 2.000 m. Mestúrase acotío coa carroucha das brañas (Erica tetralix), alternando con brañas e lameiros de especies coma a herba das brañas (Nardus stricta) e o sedio (Molinia caerulea).

Distribución

editar

Oeste e centro de Europa (nas illas Británicas aparece en Cornualla, Gales e no leste de Escocia), Italia e noroeste de África. Na Península Ibérica está amplamente repartida sobre todo polo norte, centro e oeste, sende frecuente en Galiza. Nas montañas de Burgos, Soria, Palencia, León, Segovia, Ávila[3] e Guadalaxara.

Taxonomía

editar

Genista anglica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 710. 1753.[4]

Etimoloxía

Genista: procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. Téñase en conta que o termo xesta (procedente de genista) é máis comunmente empregado en galego para se referir ás especies do xénero achegado Cytisus.Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[5]

anglica: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Inglaterra.[6]

Sinonimia
Citoloxía

Números cromosomáticos de Genista anglica (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecificos: 2n=48[7][8]

Sinonimia
  • Telinaria anglica (L.) C.Presl in Abh. Königl. Böhm. Ges. Wiss. ser. 5 3: 566 (1845)
  • Listera anglica (L.) Fourr. in Ann. Soc. Linn. Lyon ser. 2 16: 357 (1868), nom. illeg.
  • Genista minor Lam., Fl. Franç. ed. 2 2: 615 (1795), nom. illeg.[8]
  • Genista ancistrocarpa Spach[9]

Galería de imaxes

editar
  1. O nome piorno espiñento tamén se refire á especie Genista hystrix)
  2. López González, Ginés A. (2007). Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica e Baleares (3ª ed.). Madrid:Mundi-Prensa. ISBN 10: 84-8476-312-9. 
  3. Oria de Rueda, J.A.; Diez J. (2003). Guía de árboles y arbustos de Castilla y León (2ª ed.). Palencia:Cálamo. ISBN 84-95018-46-2. 
  4. "Genista anglica L.". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  5. California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - G
  6. En Epítetos Botánicos
  7. Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186 (1977).
  8. 8,0 8,1 "Flora Iberica. Plantas vasculares de la Península Ibérica e Islas Baleares". www.floraiberica.es. Consultado o 2022-04-11. 
  9. Gatiña en The Plant List

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Greuter, W. et al. (Eds.) (1989) Med-Checklist Vol. 4 (published)
  • Heywood, V.H. & Ball, P.W. (1968) Leguminosae. In: Flora Europaea Vol. 2. ed. Tutin, T.G. et al.
  • Linnaeus, C. von (1753) Sp. Pl.
  • Polunin, O. & Smythles, B.E. (1973) Fls. of South-West Europe. Oxford Univ. Press
  • Ross-Craig, S. (1954) Drawings of British Plants Part VII. Reprinted 1979, Vol 3.
  • Polunin, O. (1969) Flowers of Europe.O.U.P.
  • Stace, C. (1991) New Flora of the British Isles. Cambridge Univ. Press
  • Chittenden, F.J. (1951) The RHS Dictionary of Gardening II. Oxford Univ. Press
  • Maire, R. (Quezel, P., Ed.) (1987) Flore de l'Afrique du Nord, Vol. 16. Dicots. Leguminosae, part.
  • Vicioso, C. (1953) Genisteas Espaniolas 1. Min. de Agric. Madrid No. 67
  • Raynaud, C. (1979) Naturalia Monspel. Ser. Bot. 28: 1-52 Genista au Maroc.
  • Domínguez, E. (1987) Pap. in Flora Vasc. de Andalucia Occ. Ketres, Barcelona

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar