Generoso Rico Rodríguez

guerrilleiro antifranquista galego

Generoso Rico Rodríguez, nado en Vilaoudriz (A Pontenova) e finado en xaneiro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaGeneroso Rico Rodríguez
Biografía
NacementoVilaoudriz, España Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Goios. Traballou como mineiro en Santa Cruz del Sil (Páramo del Sil). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e ocultouse nas fragas do Rego do Couso, entre Conforto e Labrada na Pontenova. Enlazou con outros fuxidos da zona como Justo Novo Verdes "Novo" e creou unha ampla rede de apoios e unha boa infraestrutura de refuxios. Asestaron varios golpes en San Paio e Saldoiriña e o 29 de setembro de 1939 asaltaron varios veciños que regresaban da feira da Garganta en Vilanova de Ozcos preto de Coto de Frades. Fóronlle atribuídas a execución do cura da Veiga de Logares o 12 de agosto de 1939 e a de Hermenegildo Bienvenido Alonso Sastre, o mestre de Sanxés, o 28 de decembro dese ano. Foi asasinado en xaneiro de 1940 polo seu enlace máis destacado Ramón Brañas Sancho "Xequi" por manter unha relación extramarital coa súa muller e inhumado ilegalmente. O seu cadáver foi achado pola Garda Civil en xuño pero non trasladoron os seus restos mortais.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar