Vilaoudriz, A Pontenova

parroquia civil do concello da Pontenova

Santiago de Vilaoudriz (á espera da oficialización da forma Santiago de Viloudriz)[2] é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta 108 habitantes (58 homes e 50 mulleres).

Vilaoudriz
ConcelloA Pontenova[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°20′19″N 7°11′19″O / 43.33858333, -7.18872222Coordenadas: 43°20′19″N 7°11′19″O / 43.33858333, -7.18872222
Poboación78 hab. (2020)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O topónimo Viloudriz ten dous elementos: Vila (do latín Vīlla) e mais a forma Auderici, xenitivo do antropónimo de orixe xermánica Audericus.[2]

Historia editar

En 1900 constituíuse a Sociedad Minera de Villaodrid[3] para a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, activa ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a construción en 1905 da liña Ribadeo - Vilaoudriz de ferrocarril para transportar o mineral cara ao embarcadoiro de mineral de Ribadeo. Os fornos das minas construíronse con ladrillos da próxima fábrica de Sargadelos, situada no concello de Cervo. As minas achábanse maioritariamente nesta parroquia, mentres que os fornos de calcinación se construíron na Pontenova[4].

En 1961 constituíuse a parroquia da Pontenova, segregándose os seus lugares de Vilaoudriz e Vilameá.[5]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vilaoudriz editar

Lugares da parroquia da Vilaoudriz no concello da Pontenova (Lugo)

Salmeán | Vilaoudriz

Parroquias da Pontenova editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pontenova

Bogo (San Pedro) | Conforto (Santa María) | A Pontenova (Sagrado Corazón) | Rececende (San Xoán) | Santo Estevo de Rececende (Santo Estevo) | Vilaboa (San Xulián) | Vilameá (San Vicente) | Vilaoudriz (Santiago) | Vilaouruz (San Martín) | Vilarmide (O Salvador) | Xudán (Santa María Madanela)


Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. 2,0 2,1 Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. p. 114-115. ISBN 978-84-17807-10-8. 
  3. Fouz, Javi (2020). "La mina Consuelo de A Pontenova (Lugo). El color de las tinieblas". Gota a Gota (20): 40–47. ISSN 2340-1346. 
  4. Clodio González Pérez (16/08/2008). "Os fornos da Pontenova". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2014. 
  5. "Pontenova, A, Sagrado Corazón". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar