Justo Novo Verdes

guerrilleiro antifranquista galego

Justo Novo Verdes, coñecido como O Novo, nado en Conforto (A Pontenova), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJusto Novo Verdes
Biografía
NacementoConforto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNovo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Labrego de Conforto. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi incorporado ao Rexemento de Infantaría de Montaña nº 30 e cando estaba a ser adestrado en Lugo para reforzar as columnas galegas que combatían en Asturias, desertou en maio de 1937 e ocultouse en Conforto. Integróuse no grupo de fuxidos da zona comamndado por Generoso Rico Rodríguez. Asestaron varios golpes en San Paio e Saldoiriña e o 29 de setembro de 1939 asaltaron varios veciños que regresaban da feira da Garganta en Vilanova de Ozcos preto de Coto de Frades. Fóronlles atribuídas a execución do cura da Veiga de Logares o 12 de agosto de 1939 e a de Hermenegildo Bienvenido Alonso Sastre, o mestre de Sanxés, o 28 de decembro dese ano. Reclamado polo Xulgado Eventual Militar de Xixón xunto con Francisco Torviso Arruñada e Francisco Calvín López encartados na causa 50/1940,[1] presentouse ás autoridades o 4 de marzo de 1940 logo de que a súa nai, a súa irmá e a súa muller, Josefa Braña Bermúdez, fosen encarceradas ou deportadas. A súa implicación nestes feitos non puido ser probada.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar