Gene Trautmann, nado en Portland (Oregón) en 1966, é o antigo batería das bandas Queens of the Stone Age, Eagles of Death Metal e Miracle Workers.

Infotaula de personaGene Trautmann

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbatería , percusionista , músico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 4f101d2a-ba9f-48f8-bdb4-c26130fbf17c Discogs: 636868 Allmusic: mn0001020413 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Criouse na súa cidade natal, e comezou a tocar en gravacións aos 11 ou 12 anos. Comezou a tocar e bandas punk no instituto e finalmente uniuse a un grupo chamado The Miracle Workers, que se dedicaba a revivir a primeira xeración punk de bandas de garage de madiados dos 60 como The Sonics e The Count Five. Desois de graduarse en 1985 na Oregon Episcopal School, foi coa banda aos Ánxeles e tocou en varios álbums, ademais de realizar xiras polos Estados Unidos e Europa.

Despois de que Brant Bjork deixase Kyuss, Trautmann foi chamado por Josh Homme para unha audición. A pesar de que tocou co grupo durante dúas semanas, o posto foi finalmente para Alfredo Hernández. Homme non se esqueceu del, e chamouno novamente para tocar no álbum de Queens of the Stone Age Rated R. Trautmann sería membro da banda dende xuño de 1999 ata setembro do 2001.