Eagles of Death Metal

Eagles of Death Metal é unha banda estadounidense de garage rock procedente de Palm Desert (California), formada en 1998 por Jesse Hughes e Josh Homme. A pesar de que Hughes é o líder da banda, Homme é o compoñente máis coñecido dos dous por ser o líder de Queens of the Stone Age e membro da desaparecida banda Kyuss. Son os dous únicos membros permanentes do grupo, aínda que Homme raramente toca en directo debido aos compromisos cos seus outros proxectos.

Eagles of Death Metal
Eofdm3.jpg
A banda en directo no ano 2006
OrixePalm Desert (California), Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período1998 - presente
Xénero(s)garage rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Rekords Rekords, Downtown Records
MembrosJesse Hughes
Dave Catching
Brian O'Connor
Josh Homme
Páxina webeaglesofdeathmetal.net

TraxectoriaEditar

Eagles of Death Metal formouse en Palm Desert en 1998 e a súa primeira aparición foi en The Desert Sessions Volumes 3 & 4 de Josh Homme, editadas ese ano. Durante os seguintes anos Homme non puido traballar moito na banda debido ao éxito do seu outro grupo, Queens of the Stone Age. Porén, a banda finalmente editou un álbum o 23 de marzo de 2004: Peace, Love, Death Metal.

O álbum de debut tivo un relativo éxito, aparecendo algunhas das súas cancións en varios anuncios de televisión nos Estados Unidos e en tráilers de películas. A primeira canción do álbum, "I Only Want You", apareceu tamén no xogo de PlayStation 2 Gran Turismo 4.

A banda editou o 11 de abril de 2006 o seu segundo álbum. Durante a primeira metade dese ano estiveron xirando como apoio de The Strokes e como cabezas de cartel da súa propia xira coa banda The Giraffes como abreconcertos, ao que seguiron máis datas como abreconcertos para Peaches. Dende entón, tocaron con Joan Jett e saíron de xira con Guns N' Roses. No seu primeiro concerto con Guns N' Roses, en Cleveland, Ohio o 24 de novembro de 2006, a banda non foi ben recibida pola multitude. Cando Axl Rose saíu ao escenario, preguntoulle á multitude se desfrutaran con "The Pigeons of Shit Metal", e dixo que este sería o último concerto que farían con Guns N' Roses.

O 13 de novembro de 2015 tivo lugar un masacre reivindicada por Estado Islámico mentres estaban a dar un concerto diante dunhas 1 500 persoas no teatro Bataclan de París.

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Peace, Love, Death Metal 2004 AntAcidAudio
Death by Sexy 2006 Downtown Recordings
Heart On 2008 Downtown Recordings
Zipper Down 2015 Downtown Recordings

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar