Dave Catching
David (Dave) Catching, nado en Memphis (Tennessee) o 7 de xuño de 1961, é un músico estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo coas bandas Queens of the Stone Age e Eagles of Death Metal.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1961 (63 anos) Memphis, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | músico, guitarrista |
Período de actividade | 1982 - |
Xénero artístico | Stoner rock e hard rock |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarCatching tocou a guitarra nas bandas de hard rock Eagles of Death Metal, Queens of the Stone Age, Tex and the Horseheads, The Ringling Sisters, earthlings? e Mondo Generator. Tamén é membro de Yellow#5 e The Gnarltones e aparece regularmente nos discos de The Desert Sessions. Toca a guitarra coa banda Masters of Reality e gravou guitarras e órganos nos dous álbums da Mark Lanegan Band. A principios dos 80 estivo nunha banda chamada Cock Rock.
Recentemente estivo asociado coa banda de country desert rock Smith & Pyle, gravanco para o seu primeiro álbum It's OK to be Happy, editado no ano 2008. Tamén é un dos donos e fundador do estudio The Rancho De La Luna, situado en Joshua Tree (California).