Robert William Gary Moore, nado en Belfast, Irlanda, o 4 de abril de 1952 e finado en Estepona, España, o 6 de febreiro de 2011,[1] foi un guitarrista, vocalista e produtor de blues e hard rock. A súa carreira pasou por diversas épocas, mais son as súas aportacións como guitarrista nas bandas Thin Lizzy, Colosseum II e Skid Row ás que lle brindaron unha fama internacional, amais dunha extensa carreira en solitario, mesturando o blues rock con outros xéneros.

Infotaula de personaGary Moore

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert William Gary Moore Editar o valor em Wikidata
4 de abril de 1952 Editar o valor em Wikidata
Belfast, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 2011 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Estepona Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSt Margaret's Church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónAshfield Boys' High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , produtor musical , cantante , compositor de cancións , músico , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Colosseum II (pt) Traducir (1975–1978)
Skid Row (banda irlandesa) (pt) Traducir (1968–1971)
Thin Lizzy Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, Blues rock, hard rock, heavy metal tradicional (pt) Traducir, Fusion e Blues Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, Gibson Flying V, Fender Stratocaster, Jackson Soloist (pt) Traducir e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoVirgin Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webgary-moore.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0601229 Facebook: 129382477119262 Twitter: gmooreofficial Spotify: 23wr9RJZg0PmYvVFyNkQ4j iTunes: 519368 Last fm: Gary+Moore Musicbrainz: a8806b5c-3ee0-4277-94d3-1a5427a7707c Songkick: 137316 Discogs: 208220 Allmusic: mn0000050034 WikiTree: Moore-80340 Find a Grave: 65319781 Genius: Gary-moore Editar o valor em Wikidata

Moore, doutra banda, foi coñecido por ser un dos guitarristas máis solicitados para traballar en discos doutros artistas como Greg Lake, Cozy Powell, John Mayall, Mick Jagger e Jack Bruce, entre moitos outros, e tamén foi un dos primeiros músicos en mesturar o rock coa música celta.

Como guitarrista, o irlandés demostrou un colosal talento como intérprete e creador, móvendose entre o virtuosismo co instrumento e as cancións ricas en matices e recoñecemento popular. Foi nomeado como influencia por outros afamados guitarristas que iniciaron a súa carreira nas últimas tres décadas como Eric Gales, Jeff Healey, Jonny Lang,Robert  Randolph, Eric Johnson, John Mayer, Kenny Wayne Shepherd e Scott Henderson, entre outros.[2]

Traxectoria editar

Moore iniciou a súa traxectoria profesional aos dezaseis anos de idade, tendo a Jeff Beck, Eric Clapton, Peter Green e Jimi Hendrix como ídolos, e participando nas gravacións dun álbum da banda de folk Dr. Strangely Stranger. Pouco despois ingresou na banda irlandesa Thin Lizzy, onde coñeceu o seu fiel compañeiro Phil Lynott. Nesta agrupación gravou o tema «Still in Love With You» do álbum Nightlife (1974) e máis tarde gravou integramente Black Rose: A Rock Legend (1979).

A pesar do fanatismo polo blues, o jazz tamén lle interesaba, tanto que foi o estilo máis explorado no seu primeiro álbum en solitario, Grinding Stone (1973).

Fixo a súa carreira en solitario, obtendo moito éxito en Europa e o Xapón, salientando dúas fases distintas, comezando coa máis dura en discos como Corridors Of Power, Victims Of Future e Wild Frontier na década de 1980, cos que acadou o recoñecemento mundial e bos resultados nas listaxes musicais e en vendas. Nos anos noventa, polo contrario, dedicouse completamente ao blues, e en especial ao blues rock, que con discos como Still Got the Blues (1990) e After Hours (1992) lle permitiu compartir con artistas como B.B. King, Albert Collins, George Harrison e Albert King, entre outros. No seguinte decenio decidiu mesturar as súas influencias, dando paso a álbums que flutuaron entre o hard rock e o blues rock.

Faleceu en febreiro de 2011 dun ataque ao corazón nun hotel de Estepona.[3]

 
Lápida de Gary Moore no cemiterio St. Margaret de Rottingdean

Discografía editar

Notas editar

  1. "R.I.P. Gary Moore (Thin Lizzy) (1952 – 2011)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2018. 
  2. "Gary Moore | Similar Artists". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-02-14. 
  3. "Muere en Estepona el guitarrista británico Gary Moore". Publico.es. 6 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de novembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar