García MC
García MC é o nome artístico de Serxio Regos[1] un rapeiro e MC galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia, España |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro |
Xénero artístico | Música hip hop |
Traxectoria
editarComeza a rapear as súas propias letras con 13 anos, na adolescencia, forma parte do proxecto musical de rap Ghamberros, editando un disco en 2004. Tamén é un dos fundadores do famoso Dios Ke Te Crew en 2003, co que realizan unha ampla xira por Galicia, toda España e Cuba. De 2006 a 2016 participou activamente tanto no proxecto Dios Ke Te Crew como no Labregos do tempo dos Sputniks, así como na súa iniciativa en solitario.[2][3]
Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos do panorama musical galego contemporáneo. Fixo cancións dos poemas de Celso Emilio Ferreiro e formou parte da Banda Fura Fura (Homenaxe a Zeca Afonso).[4] En 2012 edita Abaixo e de pé facendo unha ampla xira de presentación tamén en México. Levou o rap galego a lugares como Dinamarca, Guinea-Bissau ou Portugal. En decembro de 2013 publicou "Abaixo e de Remix" remixes de Abaixo e de pé. A principios de 2016 saíu Libremente, disco que pechaba unha década da carreira de Labregos do Tempo dos Sputniks.[2] En 2021 saca o seu último álbum Arquipélago Quilombo con Nación Quilombo,[5][6] en 2023 sacou dous sinxelos "Latexo" e "Quen son eu?".[7]
Tamén é un educador independente, imparte obradoiros e xornadas sobre cultura hip hop durante máis dunha década.[2][1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Oleiros organiza un taller de «hip-hop» para conmemorar o Día das Letras Galegas". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Garcia MC". cultura.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "García Mc". galiciantunes.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Banda Fura Fura". gzmusica.com. Consultado o 2023.
- ↑ "García Mc & Nación Quilombo". playplan.es. Consultado o 2023.
- ↑ "A travesía entre beats, ritmos e emocións de García Mc". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ "García MC presenta su nuevo single junto a Xisco Feijoó". galiciaenconcierto.com. Consultado o 2023.