Labregos do tempo dos Sputniks

grupo musical

Labregos do tempo dos Sputniks é un proxecto musical d'O Leo de Matamá e García MC, integrante do colectivo de hip hop Dios ke te crew.

Labregos do Tempo dos Sputniks
concerto en Compostela, 04-04-2008
OrixeCompostela,
Período2007-
Xénero(s)hip hop, punk
MembrosO Leo, García Mc e o Vero.

Traxectoria

editar

Creado en 2007, xúntanse para concertos sen ensaios previos, como a "Festa pola liberdade" (sala Nasa, decembro de 2007), ou o 7º aniversario do Cineclube de Compostela (centro social "A Gentalha do Pichel", abril de 2008).

Adoitan comezar poñendo en escena cadansúa proposta (O Leo cantando e na guitarra e García cantando sobre bases), para rematar con temas conxuntos improvisados, co Leo á guitarra e García cantando.

Entre outros, tocan temas como "Bilingüismo harmónico" (adaptación do "Should I Stay Or Should I Go", de The Clash) e poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro, ademais de letras propias de García.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar