Galipizza

empresa galega de alimentación

Galipizza é unha empresa galega de comida rápida, especializada en pizzas. O primeiro local da cadea inaugurouse en Covas (Viveiro) no ano 1993 e conta actualmente con cinco establecementos distribuídos por Galicia.

Galipizza

Entrada do local de Galipizza en Culleredo.
TipoSociedade Limitada
Fundación1993
MatrizGrupo Pizzbur Playa S.L.
LocalizaciónViveiro Galicia Galicia
FundadorJosé Manuel Vázquez Cerdeiras
Margarita Galdo
IndustriaAlimentaria
Na rede
https://galipizza.com/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Galipizza Viveiro foi o primeiro establecemento en ser inaugurado do grupo Pizzbur Playa S.L., a carón do paseo marítimo de Covas no 1993. Tres anos despois, coa idea de estenderse, xorde Galipizza Ribadeo, ó ser Ribadeo unha vila onde son importantes as actividades relacionadas co lecer, co comercio e co turismo.

No ano 2013 Galipizza abriu un novo establecemento en Culleredo, lugar considerado estratéxico pola empresa para continuar coa súa expansión, denominado GaliPizza&Cía. A decoración deste local é totalmente diferente a dos anteriores, rememorando antigos personaxes da historia de Galicia e mitos internacionais.

No 2014 abriu o cuarto local en Santiago de Compostela. A súa decoración, con alusión ós antigos teatros, é tamén diferente[1].

Especialidade editar

O grupo da Mariña lucense ten un obradoiro propio en Viveiro onde se prepara a diario a masa das pizzas, distribuíndose a produción a tódolos establecementos. A súa aposta pola gastronomía galega, incorporando produtos locais, e a elaboración de pizzas con polbo ou lacón con grelos fusiona a comida rápida coa comida e os sabores máis tradicionais[1].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar