Galicia infinda

obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán

Galicia infinda é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán publicado na Colección Salnés da Editorial Galaxia en 1963.[1]

Galicia infinda
Título orixinalGalicia infinda
Autor/aFlorencio Delgado
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1963
Precedido porBebedeira
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Esta obra reuniu boa parte da súa poesía de posguerra. Está composto por cinco apartados: Cantarenas, Valdeorras, Castiñeiros, Varia e Poemas mexicanos. No libro conviven tendencias heteroxéneas, como a adopción dunha arquitectura modernista, motivos neorrománticos e recreacións de situacións e presenzas pouco habituais ata entón na literatura galega.[2] A obra ten tres tipos de poemas:

  • Os que prolongan a liña do libro anterior, a evocación animista da terra natal.
  • Os que fican na tradición novecentista de neorromantismo, na forma modernista representada principalmente por Ramón Cabanillas.
  • Os poemas mexicanos que recollen paisaxes e ambientes aztecas, escritos nunha especie de galego crioulo mexicano.[3]

Para a Editorial Galaxia:

é unha colleita de poemas a través de vinte anos de traballo de Florencio Delgado Gurriarán, onde as tres primeira partes (“Cantarenas”, “Valdeorras” e “Castiñeiros”) recordan o estilo animista de Bebedeira (Nós, 1934), a súa primeira obra. Mais a novidade chega nas dúas últimas partes, onde inclúe algunhas mostras de poesía civil de temática galega (“Varia”) e, sobre todo, nos “Poemas mexicanos”, con novas poesías cun ton distinto e con trazos da cultura mexicana e da música do país, que o autor denominou como exemplos de “creoulismo multiétnico”.[4]

Edicións editar

Foi reeditado en Xerais en 2022 da man de Xosé Ramón Pena[5] en Galaxia no mesmo ano en edición de Dulce Fernández Graña.[6]

Poemas editar

  • Galicia infinda
Galicia é infinda!
Nosa Galicia é máis ca toda a Terra.
Non é xa o cativo currunchiño
que din escolas vellas
Cómprenos desbotar antigos erros
fillos de mente estreita:
Galicia é infinda!
...[7]
  • Nomes
  • Resposta a Rosalía
...
Ti cantar, cantar, cantache,
cantache que ben sabías;
cantache de grasia chea:
vos groriosa da Galicia![8]

Cantarenas

  • Córgomo de Valdeorras
  • Moza
  • Os "Trintas"
  • Laios de vello
  • Riu de Farelos
  • A caldeira
  • A malla
...
Pulo acompasado
e rítmico estrondo
no bater dos paos.
...[9]
  • Esquiadores
  • Casoiro
  • Enterro
  • Prego final á Santa Marta, avegosa dos ouvidos

Valdeorras

  • Bocarribeira valdeorresa
  • Saúdo a Otero Pedrayo
...
En nome do meu val, ledo e vizoso,
tan lonxano, comesto de saudades,
Don Ramón benquerido, eu te saúdo!.[10]
  • Meu peteiro peteirara
  • Sinfonía parva

Castiñeiros

  • O souto morto
  • Andan os paxaros...
  • Namórame o feitizo do tesouro...
  • As xeiras do castiro
Espreguízase o vello castiñeiro,
vello petrucio, pai de cen anadas.
Ao quentor das luminosas labaradas
volve agromar, nun pulo brincadeiro
...[11]

Varia

  • Pandeirada
  • Domadora de serpes
  • Pintura de feira
  • Os gaiteiros de Montgomery
  • Alvariño
...
Nome de acio celmoso e bon viño
e de poeta saudoso e velaíño.[12]
  • A galega en París
  • Vello almanaque

Poemas mexicanos

  • Noiturnio da noiva "jarocha"
  • Conto sinxelo
  • Xarabe tapatío
  • Hai sede na nova Galicia
  • Xacaranda
  • Rumba
  • Morelia
  • Paso por mil cumes
  • Paricutín
Uraupán. Tras dos outeiros
xurdeu o Paricutín
pra que os "gringos" barulleiros
poidan vir mata-lo "esplín".[13]
  • Tabachín
  • Manzanillo (Colima)
  • Atotonilco
  • Volta
  • O viaxeiro

Notas editar

  1. Vilavedra 1995, pp. 227-229.
  2. Vilavedra 1995, pp. 171-72.
  3. Carballo Calero 1975, p. 727.
  4. "Galicia infinda". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-02-21. 
  5. Pena 2022.
  6. Fernández Graña 2022.
  7. Pena 2022, p. 175.
  8. Pena 2022, p. 181.
  9. Pena 2022, p. 193.
  10. Pena 2022, p. 205.
  11. Pena 2022, p. 217.
  12. Pena 2022, p. 231.
  13. Pena 2022, p. 253.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar