Galicia en Cataluña

Galicia en Cataluña foi unha publicación do Centro Galego de Barcelona editada de 1929 a 1931.

Galicia en Cataluña
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la Colonia Gallega de Cataluña, apareceu en xaneiro de 1929.[1] Estaba dirixida por Luís Suárez Delgado.[2] Tiña unha saída mensual e proporcionaba cobertura á vida asociativa e aos sucesos contemporáneos vinculados a Galiza, como por exemplo a Semana Galega da Exposición Internacional de Barcelona.

Desde o punto de vista literario, Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Ramón Cabanillas ou Salvador Golpe enchían a sección de poesía coas súas creacións e, esporadicamente, Labarta Pose, Núñez de Arce e Portela Pérez achegaban os seus contos.

  1. La Vanguardia, 25-1-1929, p. 15.
  2. Igrexas, Manuel: "Luís Suárez, o galeguista de Barcelona" (30/8/2012) en Historias de Deza.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar