Galicia como tarea

ensaio de Valentín Paz-Andrade

Galicia como tarea é un ensaio de Valentín Paz-Andrade, escrito en Vigo entre xuño e xullo de 1957 e marzo e abril de 1958 e publicado en 1959 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Galicia como tarea
Primeira edición
Título orixinalGalicia como tarea
Autor/aValentín Paz-Andrade
CubertaLuís Seoane
LinguaLingua castelá
Tema(s)cultura de Galicia e economía de Galicia
Xénero(s)Ensaio
EditorialEdiciones Galicia
(Imprenta López)
Data de pub.1959
FormatoCartoné con lapelas
Páxinas178
editar datos en Wikidata ]

O orixinal titulábase "Galicia en números vivos". Posiblemente o título definitivo llo puxo Luís Seoane, responsable de Ediciones Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires.[1]

Contido

editar

A obra está estruturada en tres partes de cinco capítulos cada unha: "Supuestos estructurales", "El horizonte económico" e "Reorientación del esfuerzo cultural". Estes apartados están precedidos dunha introdución, iniciada cunha cita de Ortega y Gasset.

"Supuestos estruturales" presenta as diversas características de Galiza a nivel demográfico: emigración, concentración urbana, dispersión rural e produtividade do agro.

"El horizonte económico" fala da industrialización: consumo de enerxía eléctrica e produción de enerxía hidroeléctrica nos encoros dos ríos galegos, deseño de polígonos industriais, investimento financeiro (privado, do Estado a través do Instituto Nacional de Industria, e dos bancos e as caixas de aforros).

"Reorientación del esfuerzo cultural" presenta a cultura galega como cultura propia, dese a orixe da lingua galega, a importancia da literatura galega, a asimilación coa cultura popular e a importancia do apoio económico. Respecto á lingua, comenta a problemática do seu ensino, do bilingüismo e da relación coa lingua portuguesa, defendendo a este respecto o reintegracionismo.

Os datos indicados, en parte procedentes do Instituto Nacional de Estadística, están ben actualizados ao momento de presentación, mediados do século XX. En moitos casos hai numerosas comparacións coas demais provincias do estado español.

Lingua

editar

A pesar da defensa da lingua galega e do reintegracionismo que fai nela, a obra está publicada en lingua castelá agás o limiar, pois foi publicada en Buenos Aires.

Influencias e acollida

editar

A obra inclúe citas e referencias a numerosos autores, como Ortega y Gasset, Castelao, Mario Camus, Max Sheler, Voltaire, Alfredo Brañas...

Foi cualificado por Méndez Ferrín como "o grande manifesto político e económico do nacionalismo galego progresista". No seu momento tivo unha acollida moi importante, ao ser un dos primeiros ensaios centrados na realidade galega de mediados do século XX. Se ben Sempre en Galiza, publicado en 1944 tamén na Arxentina, tiña un carácter máis político, este foi o primeiro ensaio galego adicado á situación económica e cultural do país. En 1972 publicouse outro ensaio pero de carácter máis específico, O atraso económico de Galicia, de Xosé Manuel Beiras Torrado.

  1. Orixinal na exposición Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa no Centro Cultural Novacaixagalicia.