Galaxia foi unha revista editada en Ourense en 1926.

Galaxia
PaísEspaña
Fundación1926
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Revista dedicada a publicación de novelas curtas, estaba dirixida por Cándido Fernández Mazas e Augusto María Casas. Editábase na imprenta de La Región.

 
Muiñada d'estrelas, ilustrada con debuxos de Xohan Rafael, pseudónimo de C. Fernández Mazas.

Publicacións

editar

No seu primeiro número, publicado en xullo de 1926, incluía a novela O purgatorio de don Ramiro, de Ramón Otero Pedrayo.[1][2]

No segundo número, publicado en agosto de 1926, apareceu Muiñada d'estrelas de Augusto María Casas, ilustrada con debuxos de Xohan Rafael, pseudónimo de C. Fernández Mazas.[3]

Anunciou para números sucesivos obras de Eugenio Montes, Amado Carballo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas, pero non chegaron a ver a luz.

Na Fundación Penzol consérvanse os números 1, 2 e 7.

  1. La Región, 21-7-1926, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 22-7-1926, p. 2.
  3. La Zarpa, 15-8-1926, p. 6.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar