Gaia (sonda espacial)
Gaia é un observatorio espacial da ESA, lanzado no 2013 e con esperanza de funcionamento ata 2022. Está deseñado para a astrometría: medición das posicións, distancias e movementos das estrelas cunha precisión sen precedentes.[7] En setembro de 2016 foi liberado un primeiro conxunto de datos. En abril de 2018 foi liberado un segundo conxunto de datos, con máis de 1700 millóns de estrelas referenciados,[8][9] despois de dous anos de observacións e case catro de procesamento de datos por partre dun equipo de 450 persoas. O catálago fixo necesario facer un seguimento do satélite cunha precisión maior que 20 milisegundos de arco.[10]
Gaia | |
---|---|
Primeira imaxe completa do ceo creada cos datos de Gaia. | |
Tipo | Observatorio astronómico |
Organización | ESA |
Data de lanzamento | 19 de decembro de 2013, 9:12 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz ST-B[1][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[1][6] |
Obxectivo da misión | Astrometría e fotometría.[1][6] |
NSSDC ID | 2013-074A |
Masa | 2030 kg[1] |
No 2019 notifícase que está a estudar a colisión entre a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda[11] (M31, prevista para dentro duns 4500 millóns de anos), e desta e a galaxia do Triángulo (M33) dentro do programa de construción dun mapa tridimensional do ceo e cos datos liberados nun segundo conxunto (en 2018). Asemade, Os seus datos dan conta de fenómenos como o alabeo do disco galáctico.[12]
Os seus datos combínanse cos datos do Telescopio Espacial Hubble e o Very Long Baseline Array (VLBA), conxunto de radiotelescopios terrestres.
Gaia foi planificado para unha misión de cinco anos, a rematar a mediados de 2019, mais a ESA aprobou en 2018 unha extensión da misión ata finais de 2020.[9]
En xuño de 2023 publicouse un catálogo estelar con datos duns 2000 millóns de estrelas. Os seus aparellos podían detectar o grosor dun cabelo a 1000 km de distancia.[13] En outubro, tivo lugar a xuntanza plenaria da Unidade de Coordinación 8 na Coruña (na que participaron Minia Manteiga e Carlos Dafonte polo CITIC da UC) para preparar o novo catálogo de 2500 millóns de estrelas.[14]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 NASA (27 de febreiro de 2020). "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "GAIA" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ "Letter dated 19 January 2014 from the Legal Services Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (14-01511 (E)). 7 de marzo de 2014: 4. Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2020). "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ esa. "Gaia". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07.
- ↑ "Gaia Data Release Scenario - Cosmos". www.cosmos.esa.int. Consultado o 2019-02-08.
- ↑ 9,0 9,1 esa. "Gaia creates richest star map of our Galaxy – and beyond". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-08.
- ↑ esa. "Observing Gaia from Earth to improve its star maps". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-02.
- ↑ esa. "Gaia clocks new speeds for Milky Way-Andromeda collision". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07.
- ↑ "Gaia sugiere que la deformación de la Vía Láctea se debe a una colisión galáctica". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-04.
- ↑ "ESA Extremes". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-09.
- ↑ "Un equipo gallego prepara el mapa más completo del universo". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-10-10. Consultado o 2023-10-11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaia |