Gabriel de la Puerta y Ródenas

Gabriel de la Puerta y Ródenas y Magaña, nado en Mondéjar (Guadalaxara) o 16 de marzo de 1839 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1908,[1] foi un químico, farmacéutico, académico, profesor e político español.

Infotaula de personaGabriel de la Puerta y Ródenas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gabriel de la Puerta Ródenas y Magaña Editar o valor em Wikidata
16 de marzo de 1839 Editar o valor em Wikidata
Mondéjar, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 1908 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor em Wikidata
Deputado das Cortes
Decano Universidade Central
Senador do Reino
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , farmacéutico , botánico , químico , político , académico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPuerta Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 246219

Traxectoria editar

Naceu o 16 de marzo[2] ou 18 de maio[3] de 1839 na localidade de Mondéjar en Guadalaxara.[2][3] Graduouse no bacharelato en filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid.[4] Doutor en Farmacia, foi catedrático de Química e, a partir de 1900, decano da facultade de Farmacia da Universidade Central de Madrid.[3]

Foi nomeado académico da Real Academia de Medicina en 1878,[1][4] tamén ingresou en 1881 na Real Academia de Ciencias Exactas, e da de Farmacia, da que foi presidente.[1]

Foi ministro de Sanidade e Instrución Pública, ademais de deputado ás Cortes polo Partido Progresista polo distrito de Pastrana[5] na lexislatura de 1881-1882[6] e na de 1886,[7] e senador[8] pola Real Academia de Medicina en 1901 e 1902.[9]

En 1903, participou como vicepresidente na creación da Sociedade Española de Física e Química, que recibiu en 1928, o título de "Real" por Afonso XIII, e a partir do ano 1904, foi o seu presidente.[4]

Dirixiu o Monitor de Química e Farmacia (1857-1858) e foi redactor dos Anales de Química e Ciencias Auxiliares (1867-1870), ademais de colaborar en La Ilustración Católica,[8]Restaurador Farmacéutico, Semanario Farmacéutico, Magisterio Español, Crónica de la Industria, El Glo

bo, Los Vinos y los Aceites, Revista de Conocimientos Útiles, La Farmacia Española, El Siglo Médico, Gente Nueva e Anales de la Sociedad Española de Física y Química.[10]

Morreu en Madrid, foi soterrado no cemiterio de Santo Xusto.[11]

Obra editar

Esta é unha escolma das súas obras:

  • Descripción y crítica de los procedimientos de obtención del tártaro emético, 1867. Madrid: Est. Tipográfico de T. Fortanet.
  • Tratado práctico de determinación de plantas indígenas y cultivadas en España de uso medicinal, alimenticio e industrial, 1876. Madrid: T. Fortanet.
  • Tratado de Química Orgánica, 2 vols., 1879. Madrid: Moya y Plaza.
  • Botánica descriptiva y determinación de las plantas indígenas y cultivadas en España, 1891. Madrid: Imprenta de Nicolás Moya.
  • Tratado de Química Inorgánica, 2 vols., 1896-1897. Madrid: Vda. de Hernando y Cía.,
  • Lecciones de química, 1903. Madrid: Librería de Perlado, Páez y Cía.
  • Análisis del pimiento molido de Murcia, 1904. Madrid: Gaceta.
  • Estudio químico y bacteriológico de las aguas potables, 1905. Madrid: Gaceta.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gismera Velasco, Tomás (4 de novembro de 2017). "Gabriel de la Puerta y Ródenas. Un sabio de Mondéjar". henaresaldia.com (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Gómez Pamo, 1910, p. 8.
  3. 3,0 3,1 3,2 Sánchez Ortiz y Berástegui, 1886, p. 275.
  4. 4,0 4,1 4,2 Moreno González, Antonio. "Gabriel de la Puerta Ródenas y Magaña". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  5. Sánchez Ortiz y Berástegui, 1886, pp. 275-276
  6. "PUERTA Y RODENAS , GABRIEL DE LA". congreso.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  7. "PUERTA Y RODENAS , GABRIEL DE LA". congreso.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 Ossorio y Bernard, 1903-1904, p. 359
  9. "PUERTA Y RÓDENAS, GABRIEL DE LA". senado.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  10. Gómez Pamo, 1910, pp. 24-26
  11. Redacción (3 de xuño de 1908). "Entierros". abc.es (en castelán). p. 15. Consultado o 10 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar