Gabián, Moreiras, Boborás

lugar da parroquia de Moreiras, no concello de Boborás

Gabián é un lugar da parroquia de Moreiras no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2019 tiña cinco habitantes (todas mulleres).

Gabián
ParroquiaMoreiras
ConcelloBoborás
Coordenadas42°28′23″N 8°12′21″O / 42.472969623041, -8.2057934336225
Poboación5 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O 26 de setembro de 1993 varias mulleres de Gabián cortaron un tramo do Rally de Terra do Carballiño de 1993. Días antes da celebración do rally xa mostraran a súa oposición ao paso da proba por unha das pistas forestais, entre Gabián e o alto do Paraño, alegando que dito camiño fora aberto co seu traballo e o seu diñeiro e que nos anos anteriores o paso do rally o deixara bastante estragado, tendo que amañalo elas sen a axuda de ninguén.[3] Por este motivo pedíronlle 100.000 pesetas á organización para permitir o paso da proba, petición que foi aceptada nun principio pola organización. Con todo, tras o pago da metade da cantidade acordada, o ICONA obrigou ás mulleres a devolver o diñeiro.[3]

Na tarde anterior á celebración da proba as mulleres abriron unha gabia de grandes dimensións na pista forestal, que foi pechada pola noite e reaberta de novo no amencer do día do rally. Atrincheiráronse nela "armadas" con apeiros de labranza e colocaron ademais bloques de cemento e grandes pedras obstaculizando o camiño.[3] Finalmente conseguiron o seu obxectivo e suspendéronse as dúas pasadas por dito treito.[4]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Moreiras

editar
Lugares da parroquia de Moreiras no concello ourensán de Boborás

Fonte Moreiras | Gabián | Moreiras | Vecoña de Abaixo | Vecoña de Arriba

Parroquias de Boborás

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) | Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Boborás – Moreiras". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "«As mulleres do Gavián»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de setembro de 1993. 
  4. "Un incendio y protestas de los vecinos en el Rally de Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 1993. p. 56.