G. C. Green

músico británico

Ben George Christian "G. C." Green, nado en 1964, é un músico inglés coñecido por ser o cofundador e baixista da banda de metal industrial baseada en Birmingham Godflesh.

G. C. Green
Green en 2014
Nome completoBen George Christian Green
AliasBen Green, Vitriol
Data nacemento1964
Nado enBirmingham Inglaterra
Ocupaciónmúsico
Relacionado conGodflesh, Fall of Because, Final, 16-17
Tempo en activo1982 - 2001, 2010 - presente
Na rede
Musicbrainz: fa64a62c-a34a-47f5-88c1-3d1e7d66b9ea Songkick: 1363882 Discogs: 222391 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Nado en Birmingham, Green involucrouse nas escenas post-punk e gótica da cidade a principios dos anos 80 e fíxose amigo de músicos como Paul Neville e Diarmuid Dalton. Formou a súa primeiroa banda, OPD (Officially Pronounced Dead), en 1982 con Neville. A banda adoitaba a ensaiar na casa de Green ou de Nevilles. Posteriormente pasaron a chamarse Fall of Because pola canción de Killing Joke do mesmo nome en 1985. Inicialmente usaron unha caixa de ritmos básica, tocando Neville a guitarra e Green o baixo e cantando, e escribiron cancións influenciadas polos álbums de The Cure 17 Seconds e Faith. Tras coñecer en 1985 a Justin Broadrick, que daquela tiña 15 anos, fixéronse amigos grazas a súa admiración por The Stranglers e outras bandas de punk. Pouco despois Broadrick comezou a tocar a batería no grupo, e os tres comezaron a compoñer cancións influenciadas por bandas como Swans e Sonic Youth, aínda que mantiñan os matices psicodélicos que eran inherentes aos primeiros traballos de Fall of Because. Nesa época Broadrick ensinoulle a Green a varios artistas como Throbbing Gristle, Whitehouse e SPK.[1][2]

En 1986 gravaron unha demo, Extirpate, nos estudios Rich Bitch de Birmingham e venderon un feixe de copias a amigos e outros músicos da cidade. A banda tamén fixo varios concertos en The Mermaid con xente como Napalm Death, Heresy e Amebix. En 1987 Broadrick deixou Fall of Because para unirse a Head of David. Cando Broadrick foi despedido de Head of David no ano seguinte, el e Green, que estaban compartindo un piso nese momento, formaron Godflesh. Ao longo da súa carreiro Godflesh publicou oito álbums e é unha banda pioneira do xénero do metal industrial.[3] Tras gravar o sexto álbum de Godflesh, Hymns, en outubro de 2001, Green deixou a banda. Foi substituído polo baixista de Prong Paul Raven pero a banda acabaría disolvéndose en 2002 no medio dunha xira europea.[4] Nos anos seguintes Green, que gañou a vida con diversos traballos,[4] desapareceu da escena musical ata 2010.[5]

O único álbum en solitario de Green, I-VII, foi editado co seu alcume Vitriol no ano 1998 a través do selo Neurot Recordings. O disco fora gravado en 1995.[6]

Green casou en 2010[7] e ese mesmo ano Green e Broadrick tamén reformaron Godflesh e comezaron a xirar. O sétimo álbum da banda, e o primeiro dende a reunión, A World Lit Only by Fire, foi editado en 2014. O oitavo traballo, Post Self, apareceu en 2017.

Green realizou a súa estrea en solitario como Vitriol o 8 de decembro de 2018 no Hospital Fest en Queens, Nova York, vinte anos despois de que o álbum de Vitriol fose publicado.[8]

Notas editar

  1. "Justin Broadrick on The Secret History of Godflesh". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2020-07-22. 
  2. "JUSTIN BROADRICK Napalm Death - Godflesh - Techno Animal - Jesu - Pale Sketcher". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-07-22. 
  3. "Godflesh | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-22. 
  4. 4,0 4,1 "Voidhead: Justin Broadrick on the End of Godflesh". Consequence of Sound (en inglés). Consultado o 2020-07-22. 
  5. "The Quietus | Features | A Quietus Interview | Godflesh To Play Supersonic. Justin Broadrick Talks Reformation". The Quietus (en inglés). Consultado o 2020-07-22. 
  6. "Vitriol". Neurot Recordings. 2015-10-04. Archived from the original on 04 de outubro de 2015. Consultado o 2020-07-22. 
  7. "Justin Broadrick interview: Godflesh, growing up and anarcho-punk". Decibel Magazine (en inglés). 2011-10-07. Consultado o 2020-07-22. 
  8. Gordon, Arielle. "Hospital Fest 2018 in review (Power Trip, Prurient, Jesu, Merzbow, Kelly Moran, more)". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2020-07-22.