Throbbing Gristle
Throbbing Gristle foi unha banda inglesa de música industrial de vangarda e un grupo de arte visual que evolucionou dende o grupo de performance COUM Transmissions. A banda estivo formada por Genesis P-Orridge (baixo, violín, voces, vibráfono), Cosey Fanni Tutti (guitarra, corneta, voces), Peter "Sleazy" Christopherson (cintas, trompa, piano, vibráfono, sintetizador) e Chris Carter (sintetizador, cintas, electrónica).
Throbbing Gristle | |
---|---|
Orixe | Kingston upon Hull, Inglaterra |
Período | 1975 – 1981 2004 – 2010 |
Xénero(s) | industrial, avant-garde, electrónica, experimental, performance, música noise, noise rock |
Selo(s) discográfico(s) | Industrial Records, Mute Records |
Membros | Peter Christopherson Cosey Fanni Tutti Chris Carter Genesis P-Orridge |
Artistas relacionados | Psychic TV, Coil, Carter Tutti, Soisong, Monte Cazazza |
Na rede | |
http://www.throbbing-gristle.com/ | |
Fundada en 1975, a banda é considerada unha das creadoras, xunto coa súa contemporánea Cabaret Voltaire, da música industrial. Throbbing Gristle separouse no ano 1981, pero os seus membros pasaron a participar en numerosos proxectos distintos. Reformaríase en 2004 e volvería a desfacerse en 2010 tras a morte de Peter Christopherson.
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Second Annual Report | 1977 | Industrial Records |
D.o.A: The Third and Final Report of Throbbing Gristle | 1978 | Industrial Records |
20 Jazz Funk Greats | 1979 | Industrial Records |
Journey Through a Body | 1982 | Walter Ulbricht Schallfolien |
In the Shadow of the Sun | 1984 | Illuminated Records |
CD1 | 1986 | Mute Records |
TG Now | 2004 | Mute Records |
Part Two: The Endless Not | 2007 | Mute Records |
The Third Mind Movements | 2009 | Industrial Records |