Hymns (álbum de Godflesh)

Hymns é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 23 de outubro de 2001 a través do selo Music for Nations. Foi o derradeiro disco do grupo antes da súa separación en 2002. En 2010 Godflesh reformouse e en 2014 editou o álbum A World Lit Only by Fire.[1] Hymns tivo unha produción problemática e tiña a intención de afastarse do intenso son industrial típico de Godflesh e dirixirse cara a un hard rock máis tradicional. Foi o segundo e derradeiro álbum do grupo cun batería humano no canto dunha caixa de ritmos.

Hymns
Álbum de Godflesh
Publicado23 de outubro de 2001
Gravaciónxuño de 2001
Estudio(s)Foel Studio en Llanfair Caereinion
Duración74:00
Xénero(s)heavy metal, metal industrial, post-metal
Selo(s)Music for Nations
Producido porJ. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
In All Languages
(2001)
Hymns Messiah
(2003)

Listaxe de cancións

editar
N.º Título Duración
1. "Defeated"   6:07
2. "Deaf, Dumb & Blind"   4:26
3. "Paralyzed"   5:10
4. "Anthem"   5:27
5. "Voidhead"   4:43
6. "Tyrant"   4:07
7. "White Flag"   6:27
8. "For Life"   5:13
9. "Animals"   3:54
10. "Vampires"   6:30
11. "Antihuman"   4:25
12. "Regal"   4:40
13. "Jesu" (remata no 6:03 e ten un minuto de silencio antes de que comece unha canción oculta no 7:03) 12:51
74:00
Cancións extra da reedición de 2013
N.º Título Duración
1. "Voidhead" (Demo 2012 Mix) 4:51
2. "Vampires" (Demo 2012 Mix) 6:10
3. "Deaf, Dumb & Blind" (Demo 2012 Remaster) 4:37
4. "Anthem" (Demo 2012 Remaster) 5:21
5. "Paralyzed" (Demo 2012 Remaster) 5:10
6. "For Life" (Demo 2012 Remaster) 5:11
7. "If I Could Only Be What You Want" (2012 Remaster) 5:04
36:24
  1. "Godflesh: A World Lit Only By Fire". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-07-26.