Güiana Venezolana
A Güiana Venezolana (en castelán Guayana venezolana) é unha ampla rexión natural que se encontra ao sueste do río Orinoco. Forma parte do macizo ou escudo güianés, que comparte con Güiana, Suriname, a Güiana Francesa e o Brasil, e que se estiende no territorio venezolano ao longo de medio millón de km², aproximadamente.
Delimitación
editarA Güiana venezolana, en termos xerais, é o territorio comprendido entre o río Orinoco e o río Esequibo (excluíndo case toda a conca hidrográfica do río Amazonas). Esténdese polos estados de Bolívar, Amazonas, parte do de Delta Amacuro e a zona en disputa da Güiana Esequiba, contando cunha extensión aproximada de 620.000 km² (incluíndo 159.500 km² da Güiana Esequiba).
En termos máis exactos, os seus límites naturais son os seguientes:
- O río Orinoco rodea enteiramente a rexión pola súa parte noroeste, e a separa de Los Llanos venezolanos (e tamén dunha parte dos Llanos colombianos).
- Ao nordeste o límite é o océano Atlántico, desde a desembocadura do río Orinoco até o estuario do río Esequibo.
- Ao sur o límite vén dado pola divisoria de augas entre a conca do Orinoco e a do Amazonas, a que constitúe un exacto límite natural entre as Güianas venezolana e brasileira, coa notábel excepción da conca do Casiquiare, a que, a pesar de drenar cara ao Amazonas, forma parte da Güiana venezolana.
- Ao leste o límite é o río Esequibo cuxa conca occidental abarca a zona en disputa coñecida como Güiana Esequiba e parte do estado Bolívar.
- Desde o punto de vista hidrográfico, a maior parte da Güiana venezolana forma parte da conca do Orinoco.
Xeoloxía
editarNa Güiana venezolana distínguen se no seu relevo dúas formacións xeolóxicas nítidamente diferenciadas:
- Por unha parte, o escudo Güianés, que é un basamento de formación moi antiga (uns 3.500 millóns de anos), constituído por rochas cristalinas, tanto ígneas, como o granito, como metamórficas, como o gneis, o cal fixo que este basamento reciba o nome de complexo basal de Güiana, xa que está formado por unha gran variedade de rochas e minerais.
- E por outra, unha cobertura sedimentaria, tamén moi antiga (duns 1.500 millóns de anos) na que predominan as arenitas, e que forma os relevos máis elevados da paisaxe (os tepuis ou mesetas de bordos abruptos). Os estratos case horizontais da cobertura sedimentaria, como se vé na imaxe do Roraima, deron orixe ao desenvolvemento dun relevo invertido, no que os anticlinais forman as partes máis deprimidas do relevo, mentres que os sinclinais forman os tepuis ou mesetas de maior elevación. O feito de que estes sinclinais formen as partes máis elevadas do relevo é o que explica a súa forma de cubeta (cóncava), co buzamento ou inclinación dos estratos cara á parte interna, e co perímetro situado a mair elevación xa que, en realidade, viría a formar parte dos propios flancos dos anticlinai reducidos e case eliminados pola erosión. Por iso as fervenzas que bordean os tepuis teñen que atravesar profundos desfiladeiros e cortes ou simas que teñen algunhas veces varios centenares de metros de profundidade.
Clima
editarA rexión ten un clima intertropical chuvioso no que non hai erdadeiras estacións en canto ás precipitacións, se exceptuamos unha pequena zona ao nordeste. As temperaturas dependen considerabelmente da altura, desde as máis cálidas das terras baixas, con medias anuais de 25 a 26 °C até as frías das mesetas máis elevadas (algo máis de 10 °C no Roraima), pasando polo clima case primaveral da Gran Sabana, sobre todo nas áreas por riba dos 1.200 msnm. As precipitacións son moi elevadas, especialmente no estado Amazonas e no suroeste do estado Bolívar, de até os 3.521 mm anuais.
Vexetación
editarA vexetación é de selva en case toda a rexión, con algunhas excepcións como é o caso da Gran Sabana, ampla zona situada ao sueste do estado Bolívar, onde existen algunhas bosques de galería e abundan as sabanas, máis por razóns edáficas (solos rochosos e areosos) que por motivos climáticos.
Hidrografía
editarRíos moi caudalosos e con ribeiras de pendentes bastante fortes, case todos eles afluentes do Orinoco, constitúen a nota distintiva da hidrografía da Güiana venezolana. Todos os afluentes do Orinoco pola súa marxe dereitaa, desde o seu nacemento até o delta, son ríos güianeses, entre os cales dstacan o río Ventuari, o Cuchivero, o Caura, o Aro e o Caroní.
Entre os ríos da Güiana venezolana que non forman parte da conca do Orinoco pódense citar o Casiquiare e o Cuiuní. O Casiquiare non é un afluente senón un efluente do Orinoco e, á súa vez, recibe pol súa marxe esquerda ao Siapa. O Casiquiare representa un caso único no mundo xa que, sendo un emisario natural do Orinoco, pon en comunicación, a través do río Negro, ás concas do Orinoco e do Amazonas. O Cuiuní, pola súa parte, co seu afluente o Venamo, diríxese cara ao Esequibo.
Véxase tamén
editarBbibliografía
editar- Gaussen, Henri e Bagnouls, F. (1953): Saison seche et indice xerotermique. Tolosa, Francia: Université de Toulouse, Faculté des Sciences.
- Vila, Pablo: Geografía de Venezuela. Caracas: Ministerio de Educación; tomo 1: 1960; tomo 2; 1965.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Guayana venezolana en venezuelatuya.com (en castelán)