Fundación Heydar Aliyev
A Fundación Heydar Aliyev (azarí: Heydər Əliyev Fondu) é unha organización social e pública sen ánimo de lucro en Acerbaixán. O presidente da Fundación Heydar Aliyev é Mehriban Aliyeva, que é a nora de Heydar Aliyev e a actual primeira dama de Acerbaixán.
Fundación Heydar Aliyev | |
---|---|
Tipo | fundación |
Data de fundación | 10 de maio de 2004 |
Fundador(es) | İlham Əliyev |
Presidente/a | Mehriban Aliyeva (pt) (-) |
Sede | Bakú |
En | Bakú |
País | Acerbaixán |
Na rede | |
http://www.heydar-aliyev-foundation.org/az/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA inauguración oficial da Fundación foi o 10 de maio de 2004.
Obxectivos da Fundación:
- Apoiar e difundir a política de desenvolvemento socioeconómico e cultural do país;
- Axudar na implementación de programas e proxectos a grande escala;
- Desenvolver e executar programas e proxectos relacionados coa ciencia, a educación, a cultura, a saúde, o deporte, a ecoloxía, etc.;
- Ampliar a cooperación e os proxectos conxuntos;
- Colaborar con institucións educativas da república e dos países estranxeiros
- Axudar a realizar investigacións científicas;
- Organizar o intercambio de académicos con centros de investigación coñecidos no estranxeiro.
Actividad
editarEn 2016 as catacumbas de San Marcelino e San Pedro foron restauradas pola Fundación Heydar Aliyev en base a un acordo asinado en 2012.[1]
A Fundación Heydar Aliyev é a iniciadora e patrocinadora principal do Festival Internacional “Mundo de Mugam”.[2]
Notas
editar- ↑ "Restauran las catacumbas de San Marcelino y San Pedro gracias a la Fundación azerbaiyana Heydar Aliyev (HAF) | Revista Digital Nueva Museología". Nuevamuseologia.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2019-10-20. Consultado o 2023-07-09.
- ↑ "Azerbaiyán país de festivales musicales…" (PDF). Irs-az.com (en castelán). Consultado o 2023-07-09.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fundación Heydar Aliyev |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial da Fundación Heydar Aliyev (en azarí) (en inglés) (en ruso).