Funafuti
Funafuti é un atol no que se atopa a capital e principal centro económico do país insular de Tuvalu.[1][2] Ten unha poboación de 6.025 persoas,[3] polo que é o atol máis poboado do país, co 56,6 por cento da poboación de Tuvalu.
Funafuti | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Funafuti | |||||||||
| |||||||||
Localización | |||||||||
País | ![]() | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 2´4 km² | ||||||||
Demografía | |||||||||
Poboación | 6025 hab. (2012) | ||||||||
Densidade | 2510 |
Ás veces, a capital de Tuvalu é referida como Fongafale ou Vaiaku. Con todo, todo o atol de Funafuti é oficialmente a capital.
Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país. Desde o atol, expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura de subsistencia e na pesca.
O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale.
O atol de Funafuti tamén conta con aeroporto.
XeografíaEditar
O atol é un anel formado por unha estreita franxa de terra, de entre 20 e 400 metros de largo, que rodea unha gran lagoa central (Te Namo) de 18 km de longo e 14 km de largo. A profundidade media da lagoa Funafuti é de aproximadamente 36,5 metros.[4] Cunha superficie de 275 km², é de lonxe a lagoa máis grande de Tuvalu.
Ten 33 illotes e a superficie total terrestre suman 2,4 km², menos do un por cento da superficie total do atol. Os buques de carga poden ingresar á lagoa de Funafuti e atracar nas instalacións portuarias de Fongafale.
Illas de FunafutiEditar
Estímanse 33 illas no atol.[1] A maior delas é Fongafale, seguida de Funafala. Polo menos hai tres illas que están habitadas, as cales son Fongafale, a principal illa ao leste, Funafala, no sur, e Amatuku, ao norte.
- Amatuku
- Avalau
- Falaoigo
- Fale Fatu (ou Falefatu)
- Fatato
- Fongafale
- Fuafatu
- Fuagea
- Fualefeke (ou Fualifeke)
- Fualopa
- Funafala
- Funamanu
- Luamotu
- Mateika
- Motugie
- Motuloa
- Mulitefala
- Nukusavalevale
- Papa Elise (ou Funangongo)
- Pukasavilivili
- Te Afuafou
- Te Afualiku
- Tefala
- Telele
- Tengako (península da illa de Fongafale)
- Tengasu
- Tepuka
- Tepuka Vili Vili
- Tutanga
- Vasafua
- e polo menos outras cinco illas.
Atol Funafuti | |
---|---|
Datos | |
País | Tuvalu |
Illa principal | Fongafale |
Linguas | Tuvalés e inglés |
Poboación (2012) | 6.025 hab. |
Superficie | 2,8 km² |
Superficie lagoa | 275 km² |
Nº de illas | 33 |
Coordenadas | 8°31′S 179°13′L / -8.517, -179.217 |
Maior Altura | |
Localización | |
Canles en FunafutiEditar
O atol ten varios canles cara a lagoa, con cadanseu grao de navegabilidade. A listaxe deles, comezando polo illote Fongafale ao sur, e seguindo as agullas do reloxo, son:[5]
- Te Ava Pa Pua
- Te Ava Fuagea
- Te Ava Papa
- Te Ava Kum Kum
- Te Ava Tepuka Vili
- Te Ava Tepuka
- Te Avua Sari
- Te Ava i te Lape
LagoaEditar
A lagoa (Te Namo en tuvalés) do atol ten unha lonxitude de norte-sur de 24,5 km, e de leste-oeste de 17,5 km, facendo unha superficie total de 275 km² e a lagoa máis grande de Tuvalu. A súa profundidade chega acadar os 52 metros, mais ten algúns escollos e arrecifes que até só 6 metros da superficie.[6]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Map of Funafuti. Tuvaluislands.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2017.
- ↑ Lal, Andrick. South Pacific Sea Level & Climate Monitoring Project - Funafuti atoll (PDF). SPC Applied Geoscience and Technology Division (SOPAC Division of SPC). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2017.
- ↑ "Population of communities in Tuvalu". Thomas Brinkhoff. 11 de abril de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2016.
- ↑ Coates, A. (1970). Western Pacific Islands. H.M.S.O. pp. 349.
- ↑ Admiralty Nautical Chart 2983 Tuvalu – Funafuti atoll. United Kingdom Hydrographic Office (UKHO).
- ↑ ftp://rock.geosociety.org/pub/reposit/2001/2001075.pdf[Ligazón morta]
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Funafuti |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Hedley, Charles (1896). "General account of the Atoll of Funafuti" (PDF). Australian Museum Memoir 3 (2): 1–72.
- Kench, Thompson, Ford, Ogawa e McLean (2015). "GSA DATA REPOSITORY 2015184 (Changes in planform characteristics of 29 islands located on Funafuti's atoll rim)" (PDF). The Geological Society of America. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- Lambert, Sylvester M. "Young woman, member of the O'Brien family, Funafuti, Tuvalu". Special Collections & Archives, UC San Diego. Consultado o 18 de novembro de 2017.