Lingua tuvalesa
O tuvalés[2] é unha lingua polinesia do grupo Elliceano, falado principalmente en Tuvalu, onde é lingua oficial. Está distantemente relacionado con outras linguas polinesias como o hawaiano, o maorí, o tahitiano, o samoano e o tongano, e está máis relacionado con idiomas falados no norte e centro de Melanesia e parte de Polinesa. Existen 13.051 falantes de tuvalés no mundo, dos cales 10.670 viven en Tuvalu. Na illa de Kioa en Fidxi habitada por colonos da illa tuvalesa de Vaitupu que chegaron a partir da segunda guerra mundial tamén se fala a lingua e constitúe a lingua de instrución.[3]
Lingua tuvalesa Nganana Tuvalu | ||
---|---|---|
Falado en: | Tuvalu Fidxi | |
Rexións: | Oceanía | |
Total de falantes: | 13.051 (10.670 en Tuvalu) | |
Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Centro-oriental Malaio-polinesia oriental Oceánica Oceánica centro-oriental Oceánica remota Pacífico central Fidxiano-polinesia oriental Polinesia Polinesia nuclear Samoica Eliceana Lingua tuvalesa | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Tuvalu | |
Regulado por: | - | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | tvl | |
ISO 639-3: | tvl
| |
Mapa | ||
Status | ||
Gramática
editarO sistema fonético tuvalés componse de cinco vogais (a,e,i,o,u) e 10 ou 11 consoantes (p, t, k, m, n, ng, f, v, s, h, l), dependendo do dialecto. Todos os sons existen en formas curtas e longas, que contrastan entre si. Hai catro artigos posibles en tuvalés: definido singular te, indefinido singular se, definido plural nulo e indefinido plural ne ou ni (dependendo do dialecto). O verbo pode ir no inicio ou no medio da oración, e a orde de suxeito, obxecto directo e obxecto indirecto é relativamente libre. O adxectivo xeralmente segue o substantivo.
Dialectos
editarCada illa ou atol ten o seu propio dialecto, agrupados en dúas bandas: os dialectos do norte, que se falan en Nanumea, Nanumaga, Niutao e Niulakita; e os dialectos do sur, que se falan en Funafuti, Vaitupu, Nukufetau e Nukulaelae. Todos os dialectos son intelixibles para os tuvalu-parlantes. O idioma oficial do país toma como referencia os dialectos de Funafuti-Vaitupu.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tuvalés.
- ↑ Mugler, France e Lynch, John (1996). Pacific Languages in Education. Institute of Pacific Studies. p. 285.
Véxase tamén
editarVexa a proba da Wikipedia en Lingua tuvalesa |
Bibliografía
editar- Niko Besnier, 1995, Literacy, Emotion, and Authority: Reading and Writing on a Polynesian Atoll, Cambridge University Press
- Niko Besnier, 2000, Tuvaluan: a Polynesian language of the Central Pacific, Routledge
Ligazóns externas
editar- O tuvalés no Ethnologue (en inglés)
- Gramática de tuvalés Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)