Vaitupu
Localización
Localización do atol de Vaitupu
Datos
País Tuvalu
Illa principal Vaitupu
Linguas Tuvalés e inglés
Poboación (2002) 1.591 hab.
Superficie 4,3 km²
Superficie lagoa 1,3 km²
Nº de illas 9
Coordenadas 7°28′S 178°41′L / -7.467, -178.683
Maior Altura

Vaitupu é a illa máis grande da pacífica nación de Tuvalu. Está situado a 7,48 graos sur e 178,83 graos oeste. A capital é Asau.

Poboación editar

Vaitupu ten a segunda maior poboación de Tuvalu, censada en 1.591 habitantes (censo de 2002). Chegan 600 estudantes de idades entre 13 e 21 de todo o arquipélago para asistir á única escola secundaria do país, Motufoua. A pesar do seu relativamente gran tamaño, a illa ateigouse durante os anos 40 polo que varias familias emigraron a Fidxi.

Contexto xeográfico editar

A illa, que cobre aproximadamente 5.6 quilómetros cadrados, inclúe pantanos, mangleiros, un filón coralino e unha lagoa grande. A segunda illa en extensión é Tofia.

Illas editar

O atol de Vaitupu consiste polo menos en 9 illas, que son:

Hai polo menos 1 illa habitada, Vaitupu.
A maior illa é naturalmente Vaitupu, seguida por Tofia.
 

Equipamentos editar

A única aldea en Vaitupu consiste nas veciñanzas Tumaseu e Asau. Hai unha igrexa, unha escola primaria, polo menos unha pensión e unha oficina de correos. A escola secundaria (Motufoua) está a menos de 2 quilómetros, e o hospital preto de 1 quilómetro.

Accesos editar

Hoxe, a Vaitupu pódese chegar por barco privado ou co servizo do Nivaga II, barco operado polo goberno que cobre a distancia entre Vaitupu e Funafuti regularmente.