Illote Fongafale
Fongafale, tamén chamado Fogale ou Fagafale, é a maior dos illotes do atol Funafuti, en Tuvalu. Ten unha área de 0´65 km², é de forma alargada cunha lonxitude de 12 km e ao redor de 10 a 400 m de ancho, co océano Pacífico Sur ao leste e a lagoa do atol ao oeste. Dentro do illote existen sete pequenas lagoas e posúe unha península chamada Tengako.
(en) Fongafale | |||||
Tipo | Illote | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Funafuti | ||||
Situado na entidade xeográfica | Funafuti | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Tuvalu | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 0,63 () × 12 () km | ||||
Superficie | 2 km² | ||||
Características
editarA súa poboación é de 3.136 habitantes (en 2002) e posúe catro vilas (que debido ao tamaño do illote conforman unha área urbana contigua): Alapi (1.024 habitantes), Fakai Fou (1.007 habitantes), Senala (589 habitantes) e Vaiaku (516 habitantes). Este último, situado no extremo sur e occidental do illote é a vila máis importante do atol e sitúanse os principais edificios gobernamentais de Tuvalu. Tamén en Vaiaku sitúase o Aeroporto Internacional de Funafuti, na zona máis ancha do illote, percorrendo de nordés a suroeste e só unha empresa Air Fidxi ofrece voos a Suva, capital de Fidxi.
En Funafuti tamén se atopan o único hotel do país, Hotel Vaiaku Lagi, un centro de comunicacións, un cárcere, unha estación meteorolóxica, unha estación de bombeo de gasolina, un hospital, o único banco comercial de Tuvalu, a oficina postal xeral, algúns almacéns, a residencia do Gobernador Xeral e a Cámara de Tuvalu.
Só existen catro taxis no illote, polo que é común o uso de motocicletas.