Front Nacional de Catalunya (2013)

A Front Nacional de Catalunya (FNC) é un partido político catalán xenófobo[1][2][3][4] e independentista,[5] presentado publicamente en 2013.[6] Tivo unha concelleira en Ripoll entre 2019 e 2020.[7] Os seus principais eixos ideolóxicos son promover o catalanismo e restrinxir as políticas de inmigración.[8]

Front Nacional de Catalunya
Partido político de Cataluña
Historia
FundaciónPresentado publicamente en 2013
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo catalán
Extrema dereita
Representación
Concelleiros de Cataluña
6 / 9.069
Outros datos
Na rede
www.elfront.cat
Facebook: fncatalunya Twitter: fncatalunya Instagram: fncatalunya Telegram: elfront Youtube: UCg47s_IZ37ZTASJwOclruQQ Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Fundación editar

O partido rexistrouse en 1999 co mesmo nome que o Front Nacional de Catalunya, disolto en 1990.[9] No 2013, Jordi Casacubera i Pérez, Pere Soler i Montoliu, Miquel Àngel Rodríguez i Fernàndez e Moisès Font i Casademont presentaron publicamente o partido. Jordi Casacuberta fora membro da Fronte Nacional de Catalunya, Estat Català, Esquerra Republicana de Catalunya, Unitat Nacional Catalana e Reagrupament. Pere Soler e Miquel Àngel Rodríguez foran membros da Unió Democràtica de Catalunya. E Moisès Font fora concelleiro de Plataforma per Catalunya en Olot e presidente territorial da PxC de Xirona.[6][10][11]

Ante isto, antigos militantes do FNC orixinal emitiron un comunicado no que afirmaban que se disolveran en 1990, que na última Asemblea Xeral se aprobara que ningún militante usaría as súas siglas no futuro e que a ideoloxía do novo FNC afastábase do progresismo defendido polo FNC orixinal.[6] Tras isto, o 27 de xuño de 2014, Jordi Casacuberta e Pere Soler presentaron de novo o partido baixo o nome de Bloc Democràtic Nacional en Xirona. Defínense como socialconservadores e republicanos.[12]

Querían presentar "decenas" de candidaturas nas eleccións municipais de 2015, cousa que finalmente non fixeron e dixeron que non participarían nas eleccións ao Parlamento de Cataluña antes da independencia, para non dividir o voto.[12][10]

Eleccións municipais de 2019 editar

Nas eleccións municipais de 2019, presentou unha candidatura en Ripoll, de novo co mesmo nome que a Fronte Nacional de Cataluña, disolta en 1990. A cabeza de lista era Sílvia Orriols Serra. En segundo lugar quedou Fina Guix, que fora concelleira de Convergència i Unió na anterior lexislatura.[13] Alternativa per Ripoll, Esquerra Republicana de Catalunya, Junts per Catalunya e o Partit dels Socialistes de Catalunya acordaron non pactar nin traballar cos outros dous candidatos, FNC e Som Catalans, porque os consideraban formacións racistas,[14] feito que FNC negou.[15] Obtiveron 503 votos (9,44%) e a cabeza de lista foi elixida concelleira.[16]

En 2020, Sílvia Orriols e o resto da sección de Ripoll abandonaron o partido por discrepancias coa executiva. Consideraron que a dirección do FNC tiña unha posición demasiado moderada en cuestións nacionais e de inmigración. Os escindidos non se adheriron a ningunha formación nin crearon outra.[17] Sílvia Orriols mantivo a súa acta de concelleira, polo que o FNC quedou sen representación.[7]

Notas editar

  1. "Vox obté 3 regidors a Salt i el Front Nacional de Catalunya entra a Ripoll". 26 de maio de 2019. 
  2. "JxCat manté el bastió de Girona i Madrenas repetirà com a alcaldessa". 27 de maio de 2019. 
  3. "La ultraderecha se hace fuerte en Ripoll dos años después del atentado del 17A". 15 de agosto de 2019. 
  4. "JxCat guanya a la demarcació". 27 de maio de 2019. 
  5. "La ultradreta es presenta a 52 municipis catalans". 23 de maio de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Preparen la presentació d'un “nou” Front Nacional de Catalunya". 17 de abril de 2013. 
  7. 7,0 7,1 El Món, ed. (31 de marzo de 2020). "La regidora del Front Nacional a Ripoll estripa el carnet arran del coronavirus". Consultado o 9 de maio de 2021. 
  8. "Front Nacional de Catalunya presenta candidatura a Ripoll". 25 de abril de 2019. 
  9. Ministerio do Interior de España (ed.). "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2008. Consultado o 08 de decembro de 2020. 
  10. 10,0 10,1 "Exmilitantes de Unió, ERC y Plataforma refundan el FNC". 4 de outubro de 2013. 
  11. "Moisès Font plega i Rosa Llandrich entra per PxC a l'Ajuntament d'Olot". 18 de abril de 2012. 
  12. 12,0 12,1 "Es presenta un partit sobiranista conservador". 2014-06-30. 
  13. "L’alcalde de Ripoll cessa una regidora de govern després de saber que es presentarà de 2 per una altra candidatura". 24 de abril de 2019. 
  14. "Front Nacional de Catalunya i Som Catalans, aïllats per la resta de partits a Ripoll". 2 de maio de 2019. 
  15. "Apareixen dues candidatures islamòfobes a Ripoll". 18 de maio de 2019. 
  16. Nació Digital (ed.). "Resultats eleccions municipals 2019 a Ripoll". 
  17. El Ripollès Digital, ed. (31 de marzo de 2020). "Tots els membres de Ripoll del FNC deixen les sigles del partit". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar