Plataforma per Catalunya

partido político de Cataluña

Plataforma per Catalunya (PxC) é un partido político de Cataluña, cuxo núcleo político é a crítica das políticas de inmigración catalás. É cualificado de xenófobo e ultradereitista. A Plataforma, identificáse como un partido identitario e populista.

Plataforma per Catalunya (PxC)
Partido político de Cataluña
Dirixentes e organización
LíderXavier Simó
(Presidente interino)
Historia
Fundación2003
Posicións políticas
IdeoloxíaPopulismo
Outros datos
Na rede
www.plataforma.cat
Facebook: plataformaxcat Twitter: plataforma_cat Editar o valor em Wikidata

Historia e características editar

O programa político de PxC baséase na oposición á inmigración islámica, que considera unha ameaza para os principios democráticos imperantes na sociedade catalá, e reclama a aplicación de "tolerancia cero" ante a delincuencia e o terrorismo, a defensa dos valores tradicionais da familia e a protección do medio ambiente. O partido propón unha regulación máis sólida ante a inmigración.

Nas eleccións municipais de 2003 obtivo un 10% de votos na cidade barcelonesa de Vic, cidade da cal é natural o seu presidente, Josep Anglada. Nas eleccións autonómicas de 2003 chegou a reunir case 5.000 votos en toda Cataluña, sendo estas as súas primeiras eleccións, o que non abondou para entrar no parlamento catalán.

Tralas eleccións municipais de 2007, PxC ten concelleiros en sete localidades catalás: Vic, Manresa, Manlleu, e Roda de Ter (Barcelona), Cervera e Sant Martí de Riucorb (Lleida), Olot (Xirona) e Vendrell (Tarragona).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar