Friedrich Gottlieb Klopstock
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Friedrich Gottlieb Klopstock, nado en Quedlinburg o 2 de xullo de 1724 e finado en Hamburgo o 14 de marzo de 1803, foi un poeta alemán.
Friedrich Gottlieb Klopstock | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de xullo de 1724 |
Lugar de nacemento | Quedlinburg |
Falecemento | 14 de marzo de 1803 |
Lugar de falecemento | Hamburgo |
Soterrado | Ottensen |
Nacionalidade | Alemaña |
Etnia | Pobo alemán |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Universidade de Jena, Universidade de Leipzig e Landesschule Pforta |
Ocupación | poeta, dramaturgo, escritor, lingüista e in-home tutor |
Pai | Gottlieb Heinrich Klopstock |
Nai | Anna Maria Klopstock |
Cónxuxe | Margareta Klopstock e Johanna Elisabeth Dimpfel, verh. von Winthem |
Coñecido por | Der Messias, The Death of Adam e Die Frühlingsfeier |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Antigo alumno da escola de Schulpforta, estudou teoloxía nas universidades de Jena e Leipzig. Discípulo de Johann Jakob Bodmer e da escola suíza, descubriu con entusiasmo a obra de John Milton. Consagrouse coas súas primeiras odas (An Meine Freund, 1747). En 1748 decidiu escribir unha epopea relixiosa chamada Messias, a cal se dedicou durante vinte anos. Con esta obra en vinte cantos, converteuse no poeta máis admirado das novas xeracións.
Dedicouse tamén ao teatro. Escribiu inicialmente traxedias: A morte de Adán (1757) e Salomón (1763). No entanto, destacouse co teatro patriótico, representado pola triloxía centralizada no personaxe Hermann, heroe da resistencia da vella Xermania aos romanos.
Mais pasou grande parte da súa vida en Dinamarca, onde recibía unha pensión do rei Federico V, fon un dos precursores do movemento nacional en Alemaña. Saudou con estusiasmo as revolucións americana e francesa. Por iso, cando a República Francesa quixo facelo cidadán honorario, Klopstock recusou en sinal de protesta contra os excesos da revolución en Francia. Contribuíu nos campos da filoloxía e da historia da literatura.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |