Frederick Abberline


Frederick George Abberline, nado o 8 de xaneiro de 1843 en Blandford Forum, Dorset, Inglaterra, e finado o 10 de decembro de 1929, foi o inspector xefe da Policía Metropolitana de Londres e unha importante figura policial na investigación dos asasinatos de Jack o Destripador, nese escuro e fatídico ano de 1888.

Infotaula de personaFrederick George Abberline

Frederick George Abberline
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1843
Dorset, Reino Unido Reino Unido
Morte10 de decembro de 1929
Londres, Reino Unido Reino Unido
Datos persoais
ResidenciaBlandford Forum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidade Británico
Coñecido porInvestigación dos crimes de Jack o Destripador
Actividade
OcupaciónXefe da Policía Metropolitana de Londres
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxe
  • Martha Mackness (marzo 1868 - † maio 1868)
    * Emma Beament (1876-1929)

Find a Grave: 15017132 Editar o valor em Wikidata

Mocidade editar

Frederick Abberline foi o fillo de Edward Abberline e da súa esposa Hannah Abberline (nada Chinn). Trala morte de Edward Abberline en 1849, a súa viúva abriu unha pequena tenda e criou soa ao seu catro fillos, Emily, Harriett, Edward, e Frederick.

Carreira policial editar

Frederick foi reloxeiro ata que abandonou a súa casa para irse a Londres, onde se alistou na policía metropolitana o 5 de xaneiro de 1863, sendo destinado á División N (Islington) co número de autorización 43519. O condestable Abberline impresionou tanto aos seus superiores que eles lle ascenderon a sarxento dous anos despois, o 19 de agosto de 1865. Na súa promoción trasladóuselle á División E (en Highgate). En 1867 investigou actividades fenianas como policía de paisano.[1] O seu ascenso a inspector produciuse o 10 de marzo de 1873, e tres días despois, o 13 de marzo, foi trasladado á División H (en Whitechapel). O 8 de abril de 1878 foi nomeado como inspector local a cargo do Departamento de Investigación Criminal da División H.

Posteriormente, o 26 de febreiro de 1887, Abberline foi trasladado á División A (en Whitehall) e, despois, á División CO (Central Office) de Scotland Yard, o 19 de novembro de 1887, onde foi ascendido a Inspector de primeira clase o 9 de febreiro de 1888 e Inspector Xefe o 22 de decembro de 1890. Tras o asasinato de Mary Ann Nichols o 31 de agosto de 1888, Abberline foi enviado a Whitechapel debido á súa experiencia na área, e alí foi posto ao mando de varios detectives que investigaron os crimes do Destripador.

Entre a lista de sospeitosos no caso de Jack o Destripador, o principal segundo Abberline foi George Chapman.

Posteriormente, Frederick Abberline involucrouse en 1889 na investigación do Escándalo da rúa Cleveland. E o 8 de febreiro de 1892, retirouse obtendo 84 conmemoracións e premios.

A opinión xeral que se ten sobre este policía vitoriano sen dúbida en xeral é moi positiva. Polo seu labor no caso de Jack o Destripador, foi reputado principal rival do mutilador do East End londiniense, e destacando os seus dotes sinalouse que: ”a posteridade elevouno ao sitial de figura romántica, algo así como o idealista que enfrontou ao mal encarnado na postura do malévolo asasino que perseguiu, así como ás poderosas forzas ocultas que o protexían”.[2]

E atento a outra descrición, “Frederick George Abberline era un home modesto, afable e honrado, tan fiable como os reloxos que reparaba antes de ingresar na Policía Metropolitana en 1863. Durante o seu trinta anos de servizo gañou oitenta menciones de honra e premios de xuíces, de maxistrados e do propio Xefe da policía”.[3]

Con todo, tal cal se advertirá máis abaixo na sección correspondente, ao respectado Inspector non lle faltaron detractores. En tempos recentes chegouse ao extremo de barallarse a posibilidade que este home –nunha sorte de desdobramento da súa personalidade ao estilo do Dr. Jekyll e Mr Hyde– non fose outro senón o mesmisimo Jack o Destripador[4]

Vida persoal editar

Abberline casou dúas veces: a primeira en marzo de 1868 con Martha Mackness, filla dun traballador de Elton; ela morreu de tuberculose dous meses despois da voda. O 17 de decembro de 1876, dez anos antes dos asasinatos de Jack o Destripador, Abberline casou con Emma Beament, filla dun comerciante de Hoxton New Town, en Shoreditch. Aínda que non tiveron fillos, o seu matrimonio durou até a morte de Frederick 50 anos despois.

Frederick George Abberline morreu en 1929 aos 86 anos.

Notas editar

  1. Martin Fido, Keith Skinner, Paul Begg, The Jack the Ripper A to Z, Headline Book Publishing (1992), pág. 5.
  2. Gabriel Pombo, El monstruo de Londres: La leyenda de Jack el Destripador, Editorial Artemisa, Montevideo, Uruguay (2008), pág. 28.
  3. Patricia Daniels Cornwell, Retrato de un Asesino: Jack el Destripador, Caso Cerrado, Ediciones B grupo Z, Barcelona, España (2003), pág. 152.
  4. Robert Louis Stevenson, Relatos: El Dr. Jeckyll y Mr. Hyde, contenido: Historia de la puerta; En busca de Mr. Hyde; El Dr. Jeky11 estaba tranquilo; El caso del asesinato de Carew; El incidente de la carta; La extraña aventura del doctor Lanyon; El episodio de la ventana; La última noche; La narración del doctor Lanyon; Henry Jeky11 explica lo sucedido.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar