Freáns, Crespos, Padrenda

lugar da parroquia de Crespos, no concello de Padrenda

Freáns é un lugar da parroquia de Crespos no concello ourensán de Padrenda na comarca da Terra de Celanova.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 24 habitantes (12 homes e 12 mulleres).

Freáns

Vista desde Cima de Vila Editar o valor en Wikidata
ParroquiaCrespos
ConcelloPadrenda
Coordenadas42°07′24″N 8°09′07″O / 42.123338, -8.151971
Poboación24 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar
 
Ponte dos Liños.

Pola aldea discorre a Verea Real, protexida polas fortalezas de San Pedro de Grixó, dependentes do Alcázar de Milmanda, cun asentamento en Freáns procedente do cuartel de San Pedro. O paso por Freáns era pola ponte dos Liños. En 1948 abriuse estrada que conecta Mociños con Freáns, e ao ano seguinte a que une Freáns con Agra.

No río Gorgua hai 16 muíños e unha presa de regadío partía desde Silbares ata Morgade. Na aldea hai cinco canastros, de pequeno tamaño con planta rectangular con cuberta a dúas aguas, con pés de pedra, habitáculo de madeira e cuberta de tella ou lousa. En novembro de 1999 a zona pasou a formar parte do réxime de protección xeral do parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés. Na parte superior da aldea está a Fraga de Castiñeiros, tamén coñecida como Fraga da Costeira ou As Cañotas da Costeira.

Patrimonio

editar
 
Interior da capela.

A capela de Santa María Magdalena é de estilo barroco, se ben ten a súa orixe nun templo anterior.[3] O templo orixinal sufriu danos no s. XVII e reformouse no XVIII, mudando o arco románico por un lintel de pedra que á súa vez en 1960 se substituíu por un arco de formigón. No interior do templo hai dúas imaxes da Santa: unha de pedra que non conserva a cabeza, e que segundo a tradición foi encontrada por uns pastores nunha pequena cova no monte, na Canella do Folón. A festividade celébrase o 22 de xullo.

No torreiro da capela hai un cruceiro. Construíuno en 1973 o escultor vigués Raúl Comesaña, pagado pola veciñanza.

En 2011 creouse unha ruta de sendeirismo, a Ruta dos Muíños I, ao longo do río Gorgua. En 2015 creouse a Ruta dos Muíños III, que comeza no Campo do Río e vai cara a Gresufe e San Roque.

Festas

editar

As festas de Santa María Magdalena adoitan comezar o xoves cunha sardiñada con pementos. O venres, tras a cerimonia relixiosa, hai un xantar. O venres e o sábado á noite hai verbenas.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Crespos

editar
Lugares da parroquia de Crespos no concello de Padrenda (Ourense)

Alén | Ameán | Baltamarón | A Barxa | As Canles | Carballal | Casal de Veco | Freáns | Gresufe | As Lamas | Morgade | O Pontillón | Redondelo | Requeixo | Rodenlas | San Amaro | San Roque de Crespos | Seoane | Zacumeira | Zaqueiradas

Parroquias de Padrenda

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Padrenda

O Condado (Santa María) | Crespos (San Xoán) | Desteriz (San Miguel) | Monte Redondo (San Xoán) | Padrenda (San Cibrán) | San Pedro da Torre (San Pedro)

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Crespos, Padrenda". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 08 de febreiro de 2024. 
  3. Francisco Alonso 2012.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar