Frantz Fanon

Frantz Fanon, nado en Fort-de-France o 20 de xullo de 1925 e finado en Bethesda (Maryland) o 6 de decembro de 1961, foi un psiquiatra e autor francés da illa de Martinica. Teórico da descolonización, centrou a súa análise nas consecuencias psicolóxicas da colonización sobre o colonizado, os seus traballos inspiraron os movementos de liberación dos últimos corenta anos.

Frantz Fanon
02 Frantz-Fanon-lors-dune-conférence-de-presse-du-Congrès-des-écrivains-à-Tunis-1959.jpg
Nacemento20 de xullo de 1925
Lugar de nacementoFort-de-France
Falecemento6 de decembro de 1961
Lugar de falecementoBethesda
Causaleucemia
SoterradoAlxeria
NacionalidadeFrancia e Alxeria
Alma máterUniversity of Lyon e Jean Moulin University - Lyon 3
Ocupaciónescritor, filósofo, psiquiatra, ensaísta, sociólogo e político
CónxuxeJosie Fanon
FillosMireille Fanon Mendès-France
Coñecido porOs Condenados da Terra, A Dying Colonialism e Pele Negra, Máscaras Brancas
Na rede
IMDB: nm1148635 Allmovie: p221758
Musicbrainz: 10caa906-b020-4475-af26-cb05b7bd2954 Discogs: 1065374 WikiTree: Fanon-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aos 18 anos deixou Martinica para unirse na Dominica ás Forzas Francesas Libres, participou na guerra en Europa, estivo na batalla de Alsacia. En 1945 volveu a Martinica por breve tempo, regresou a Francia para estudar medicina e psiquiatría. En 1951 realizou a súa residencia en psiquiatría con Francesc Tosquelles, exiliado catalán fundador da psicoterapia institucional. En 1953 estableceuse en Alxeria como xefe de servizo no Hospital Psiquiátrico de Blida-Joinville, introduciu métodos modernos de socioterapia ou psicoterapia institucional que adaptou á cultura dos doentes musulmáns.

En Francia escribiu o seu primeiro libro, Peau noire, masques blancs publicado en 1952, libro no que afirma que ser colonizado é máis que ser subxugado fisicamente, tamén o é culturalmente, perder unha lingua e asumir outra, xa que "Falar (unha lingua)... significa sobre todo asumir unha cultura, (implica) absorber o contido dunha civilización".

En 1954 ingresou na Fronte de Liberación Nacional. En decembro de 1956 dimitiu do seu posto, expulsado de Alxeria en xaneiro de 1957 marchou a Tunisia onde colaborou co órgano central de prensa do FLN, El Moudjahid.

A súa obra fundamental foi Les damnés de la terre (1961) cun limiar de Jean-Paul Sartre, o libro concíbeo como un manifesto pola loita anticolonial e a emancipación do terceiro mundo, mesmo pola vía violenta.

Morreu de leucemia nos Estados Unidos.