Francisco Vega Ceide
Francisco Vega Ceide, coñecido como Francisco de Fientosa, nado no Cordón (Santa Locaia, Castro de Rei) o 22 de maio de 1912 e finado en Aravaca en novembro de 1936, foi un poeta galego.
Francisco Vega Ceide | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de maio de 1912 |
Lugar de nacemento | Castro de Rei |
Falecemento | novembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Aravaca |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Parente de Xosé Crecente Vega do que foi discípulo. Poeta vangardista con grande fidelidade por Noriega Varela. Foi asasinado en Aravaca en novembro de 1936, nunha vinganza por celos de compañeiros de estudos da Universidade Central de Madrid. O franquismo tratou de manipular a súa morte, o 26 de xuño de 1939 celebrouse na igrexa de Santa Locaia o funeral polo seu eterno descanso e publicaron unha nota necrolóxica co texto:
El señor Don Francisco Vega Ceide (Francisco de Fientosa), Licenciado en Filosofía y Letras, murió por Diós y por la Patria vilmente asesinado por las hordas marxistas en Madrid, en el mes de noviembre de 1936 a los 24 años de edad. R.I.P.
Tamén na fachada da Universidade Complutense aparece o seu nome na lista dos que morreron "Por Dios y por España".
ObrasEditar
Escritor en castelán, tamén ten poemas e escritos en galego. En vida publicou tres libros: Lendas (1931), libro de poemas en galego que hoxe está desaparecido, Triángulo isósceles, poemario publicado en Madrid en 1934 e El alba del quechemarín, poemario publicado en Santiago en 1935. Deixou rematados outros dous volumes: o poemario Trébol de cuatro hojas e un de prosa titulado Gente cordial.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Polín, Ricardo (2002). A primeira luzada. Obras completas de Francisco de Fientosa. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-075-7.
- Palabra contra espada por Fientosa (1912-1936) de Ricardo Polín.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.