Francisco Varela Buela

mestre e político galego

Francisco Gerardo Varela Buela, nado en Forcarei o 17 de agosto de 1890 e finado en Cerdedo o 4 de outubro de 1981, foi un mestre e político galego.

Francisco Varela Buela
Nacemento17 de agosto de 1890
Lugar de nacementoForcarei
Falecemento4 de outubro de 1981
Lugar de falecementoCerdedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
IrmánsJosé Varela Buela
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Varela Paz e de Encarnación Buela, e irmán de José Varela Buela. Estudou Maxisterio e recibiu o título de mestre superior en 1913. Foi mestre en Albeos (Crecente), Oia (1917), O Barco de Valdeorras, e dende 1924 en Cerdedo. Foi alcalde de Cerdedo na ditadura de Primo de Rivera (1924-1926). Durante a República, foi secretario do xulgado municipal, asesor técnico da secretaría do Concello de Cerdedo e traballou para erradicar o analfabetismo en Cerdedo. Pertenceu á Agupación Socialista de Cerdedo, da que foi elixido vicepresidente da directiva en xaneiro de 1935.[1] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou na organización da resistencia antifranquista. Foi detido en Cerdedo, preso en Pontevedra (na prisión da Normal) e despois no campo de concentración da Illa de San Simón. Foi xulgado por rebelión, depurado do seu cargo e condenado a cadea perpetua. Estivo no penal de Burgos e despois redimiu a súa condena nun batallón disciplinario nas minas de volframio de Fontao (Silleda). Saíu en liberdade provisional en 1944 e abriu unha academia en Cerdedo.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Cerdedo
 
1924-1926
Sucesor:
?

Vida persoal editar

Casou en Crecente con Dolores Caballero Méndez e foi pai de Manuel, María, Oliva e Francisco Varela Caballero.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 5-2-1935, p. 13.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar