Francisco Piñeiro Barreiro

comerciante e político galego

Francisco Piñeiro Barreiro, coñecido como Fariña, nado en Bueu cara a 1902 e finado en Ponte Sampaio (Pontevedra) o 26 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaFrancisco Piñeiro Barreiro
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Ponte Sampaio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFariña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comerciante en Bueu. Na Segunda República, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Bueu e elixido tenente de alcalde.[1] Era o encargado da lonxa de Bueu e formou parte dun grupo de teatro local. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi o encargado de organizar a expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República. Foi detido e estivo preso na Normal de Pontevedra. Foi paseado en Ponte Sampaio o 26 de setembro de 1936.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 13-3-1936, p. 12.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar