Francisco Martelo Villar

Francisco Martelo Villar, nado o 3 de marzo de 1945 en Redondela, é un médico cirurxián galego.

Infotaula de personaFrancisco Martelo Villar
Nome orixinalFrancisco José Martelo Villar
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalLicenciado e Doutor en Medicina
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónCirurxián plástico
EmpregadorComplexo Hospitalario Universitario A Coruña
Universidade da Coruña
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Redondela estudou na Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou en 1968 e obtivo o título de doutor en 1989. Posteriormente obtivo en 1975 o título de especialista en cirurxía plástica e cirurxía xeral na Universidade Complutense de Madrid.[1]

En 1969 obtivo, por concurso-oposición a praza de médico interno e residente da Cidade Sanitaria Francisco Franco de Madrid. En 1970 comezou o seu período de formación como médico residente en cirurxía plástica, con formación básica nos servizos de cirurxía xeral e cirurxía plástica na referida cidade sanitaria. A partir do 1 de abril de 1975 foi médico adxunto contratado do Hospital Primero de Octubre de Madrid, praza que de maneira definitiva obtivo por concurso de méritos o 1 de decembro de 1975.[1]

Desde xullo de 1975 a maio de 1977 traballou no Hospital Saint George de Londres. De vola a España, o 15 de xullo de 1977 obtivo a praza de xefe da sección de cirurxía plástica do Hospital Virgen de la Arrixaca de Murcia.[1]

O 24 de setembro de 1980 foi nomeado xefe do servizo de cirurxía plástica e queimados da Cidade Sanitaria Juan Canalejo da Coruña, no que o 9 de xullo de 1981 foi nomeado director médico do centro de traumatoloxía e rehabilitación. Neste hospital (hoxe Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) traballou até a súa xubilación en 2011.[1]

Ademais, foi profesor asociado da Universidade da Coruña, da materia de cirurxía en terapia ocupacional e fisioterapia desde 2008 a 2011.[1]

En 2021, no pleno extraordinario da Real Academia de Medicina de Galicia foi elixido presidente, por unanimidade, titular da cadeira de cirurxía plástica, estética e reparadora. Sucedeu no cargo ao profesor Xosé Carro Otero, titular de historia da medicina, falecido.[2][3]

O 16 de decembro de 2021 foi nomeado vogal electivo do órgano directivo da Fundación Barrié. O presidente da fundación, José María Arias Mosquera, explicou que o nomeamento responde á «dilatada experiencia e ao recoñecido prestixio no ámbito da saúde» de Martelo Villar, así como o seu «firme compromiso pola investigación e á contribución ao progreso da medicina».[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar