Francisco Caamaño

político español
(Redirección desde «Francisco Manuel Caamaño Domínguez»)

Francisco Manuel Caamaño Domínguez, nado en Cee o 8 de xaneiro de 1963, é un político galego, foi ministro de Xustiza de España entre 2009 e 2011.

Francisco Caamaño
Nome completoFrancisco Caamaño Domínguez
Nacemento8 de xaneiro de 1963
Lugar de nacementoCee
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, catedrático, avogado e xurista
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
Na rede
Dialnet: 117098
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

No plano persoal, está casado e ten dous pícaros. No profesional, é licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986, foi profesor desa universidade ata que en 1993 foi asignado como letrado no Tribunal Constitucional. En 2001 regresou á Universidade de Santiago e en 2002 conseguiu a cátedra de dereito constitucional na Universidade de Valencia, posto onde permaneceu ata 2004.

Militante do PSOE, nese ano foi nomeado por José Luis Rodríguez Zapatero secretario de estado de Relacións coas Cortes, posto no que se ocupou de negociar algúns estatutos de autonomía e de facer reformas no sistema de votación nas eleccións locais dos estranxeiros que vivían en España. En 2008 continuou no mesmo posto logo dunha reforma de goberno, aínda que daquela baixo a denominación de secretaría de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios.

O 24 de febreiro de 2009, e logo da dimisión do anterior ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, tomou posesión como novo ministro do goberno socialista. Desa maneira houbo catro ministros galegos no goberno de España, algo que non sucedera en toda a época democrática. Permaneceu no seu posto ata a derrota electoral socialista de novembro de 2011. Nesas xerais de 2011, Caamaño encabezou a candidatura socialista pola provincia da Coruña, por onde foi elixido deputado. Foi elixido Secretario Provincial do PSdeG na Coruña no correspondente Congreso de xuño de 2012. Nas eleccións autonómicas de 2012 encabezou a candidatura do PSdeG pola provincia da Coruña e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.

En setembro de 2014 dimitiu como Secretario Provincial e convocou primarias para novembro[1]. O 20 de abril de 2015 anunciou que tamén renunciaba ao seu escano no Parlamento de Galicia por motivos persoais, coa intención de reincorporarse á docencia na Universidade de Valencia.[2]


Predecesor:
Mariano Fernández Bermejo
  
Ministro de Xustiza de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
Alberto Ruiz-Gallardón
Predecesor:
Salvador Fernández Moreda
  
Secretario Provincial do PSdeG da Coruña
 
2012 - 2014
Sucesor:
Julio Sacristán

Obras editar

  • El mandato parlamentario (1992)
  • El control de constitucionalidad de disposiciones reglamentarias (1994)
  • Normas institucionais de Galicia (1995)
  • Jurisdicción y procesos constitucionales (1997)
  • El derecho de sufragio pasivo: prontuario de jurisprudencia constitucional 1981-1999 (2000)
  • La garantía constitucional de la inocencia (2003)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar