Abrir o menú principal

Francisco Cerviño

médico e político galego

Francisco Xulio Cerviño González, nado en Pontevedra o 24 de maio de 1945, é un médico e político galego, membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012[1].

Francisco Cerviño
Francisco Cerviño.jpg
Nacemento24 de maio de 1945
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, posteriormente fixo a especialidade en nefroloxía no Hospital Puerta de Hierro (Madrid) para incorporarse máis tarde ó Complexo Hospitalario da Coruña, onde despois desempeñou labores de xestión como director do centro (1986-1991), posto que deixou para exercer a mesma función no Hospital Gregorio Marañón (Madrid). Activo na política dende os seu tempos de estudante universitario, participou activamente durante este período en contra da ditadura franquista, militou na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), a Asemblea Popular Galega (APG) e o Partido Obreiro Galego (POG); foi membro do Consello Nacional de Esquerda Galega e do PSG-EG desde a súa fundación ata 1990. Militante do PSdeG desde 1995 foi secretario xeral da Agrupación Socialista de Oleiros, concelleiro en Oleiros (1995-2003), vicesecretario xeral do PSdeG (1998-2000), deputado no Parlamento de Galicia e presidente da comisión de estudo parlamentaria para a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.

NotasEditar

Véxase taménEditar