Francisco Coimbra
escritor español
Francisco Javier Calvo del Olmo, coñecido literariamente[1] como Francisco Coimbra, nado en Madrid en 1986, é un escritor español en lingua galega.
Francisco Coimbra | |
---|---|
Nacemento | 1986 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, doutorouse posteriormente en Tradución pola Universidade Federal de Santa Catarina[2]. Ademais fixo estadías de investigación en Pisa e Montpellier. Na actualidade é profesor de lingua española na Universidade Federal do Paraná, en Curitiba. Como investigador ten publicado artigos sobre lingüística ou estudos culturais en publicacións internacionais.
Durante a súa mocidade viviu un tempo en Santiago de Compostela e Ourense.
ObraEditar
- Crónicas córnicas (2016, Edicións Xerais), finalista do Premio Xerais de novela.
Como investigadorEditar
- De la creación de «vuestra merced» a la desaparición de «tú»: Un estudio contrastivo de los pronombres de tratamiento en las lenguas iberorrománicas (2012, Editorial Académica Española).
NotasEditar
- ↑ "post en Facebook". Facebook. 8 de outubro de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2016.
- ↑ "Francisco Javier Calvo del Olmo". Web da Universidade Federal do Paraná (en portugués). 10 de outubro de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2016.