Francesco Balilla Pratella

compositor italiano

Francesco Balilla Pratella, nado en Lugo di Romagna o 1 de febreiro de 1880 e finado en Rávena o 17 de marzo de 1955, foi un compositor e musicólogo italiano da primeira metade do século XX, considerado como un dos máximos expoñentes do futurismo musical.

Francesco Balilla Pratella
Francesco Balilla Pratella.jpg
Nacemento1 de febreiro de 1880
 Lugo
Falecemento17 de maio de 1955 e 17 de marzo de 1955
 Ravenna
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupacióncompositor, musicólogo e músico
editar datos en Wikidata ]
Cuberta da edición de 1912 de Musica futurista, de Francesco Balilla Pratella (deseño de Umberto Boccioni.

TraxectoriaEditar

Francesco Balilla Pratella naceu nun ambiente familiar favorable para a práctica da música. O seu pai tocaba a guitarra e foi de quen recibiu as súas primeiras clases cando era un neno. En 1899 foi admitido no Conservatorio de Pésaro, onde estudou composición con Pietro Mascagni e Cicognani, graduándose en 1903.

Finalizados os seus estudos trasladouse a París, onde coñeceu a Luigi Russolo e se converteu en parte integrante do grupo de artistas futuristas animado por Marinetti, creador da corrente futurista en 1909 e que estaba interesado en promocionar a música futurista. O Manifesto tecnico della musica futurista 1911 proclamaba «o atonalismo, a enharmonía, a polifonía en sentido absoluto, e o ritmo libre». Un ano antes, no seu Manifesto dei musicisti futuristi. xa abogaba polo emprego de escalas microtonais e combinacións polirrítmicas, así como pola introdución na música do espírito da multitude, de grandes fábricas, de trens, liñas transatlánticas, de combates navais, de coches e de avións".

Antes de reunirse e unirse ao futurista Marinetti, había un gran interese nas cancións populares da súa rexión que influirán á escritura de cinco poemas sinfónicos titulados Romagna, que logo acabaron na ópera dialectal La Sina’d Vargöun (Rosellina dei Vergoni), escena da Romagna baixa para a música en tres actos. La Sina’d Vargöun gañou o concurso Baruzzi e púxose en escena en 1909 no Teatro comunal de Boloña. O 20 de agosto de 1910 Pratella levou a cabo o intermedio de La Sina’d Vargöun no Teatro comunal de Imola, onde coñeceu a Marinetti, con quen xa tivera correspondencia.

A partir de 1911, a casa de Pratella converteuse nun punto de referencia para pintores, músicos e literatos atraídos pola corrente da que Pratella era un dos máximos expoñentes. Entre as personalidades que frecuentaban o "cenáculo artistico lughese" encóntranse: Giorgio Morandi, Osvaldo Licini, Filippo De Pisis, Riccardo Bacchelli, Domenico Rambelli, Roberto Sella e Nino Pasi entroutros.

En 1912 a editorial boloñesa Bongiovanni publicou un volume chamado Musica futurista, no que Pratella era presentado como o punto de referencia da música futurista. O Inno alla vita foi a súa primeira composición que se adheriu aos principios musicais do futurismo e foi presentada no Teatro Costanzi de Roma o 21 de febreiro de 1913 con ocasión dunha «noite futurista». En 1913 comenzou a compoñer L'aviatore Dro, a súa segunda gran obra futurista, na cal introducía unha orquestra mixta de instrumentos tradicionais e da familia intonarumori, aínda que non foi ata 1920 cando a finalizou, estreándoa o 4 de setembro de 1920 no Teatro Rossini de Lugo (Italia).

Principais publicaciónsEditar

Entre 1910 e 1912 Pratella publicou tres manifestos radicais:

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar