A Foto 51 é o nome informal que se lle deu a unha imaxe de difracción de raios X do ADN tomada por Raymond Gosling en maio de 1952, cando traballaba como estudante baixo a supervisión de Rosalind Franklin,[1][2][3][4] no King's College de Londres no grupo de Sir John Randall. Era a 51ª foto de difracción do ADN que tomara o equipo de Franklin e Gosling. Esta foto foi unha proba fundamental[5] para identificar a estrutura do ADN.[6]

Imaxes externas
Fotografía 51

Maurice Wilkins mostroulle esta foto a James Watson cando Gosling volvera estar baixo a supervisión de Wilkins. Rosalind Franklin non tivo coñecemento disto. Xunto con Francis Crick, Watson usou as características da Foto 51 para desenvolver o modelo químico da molécula de ADN. En 1962, o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina foille concedido a Watson, Crick e Wilkins. Frankling non foi premiada porque morrera 4 anos antes.[7] Os traballos de Gosling, que si estaba vivo, tampouco foron citados polo comité do premio Nobel.

A fotografía proporcionou información clave que foi esencial para desenvolver o modelo do ADN.[6][8][9] que levou ao desenvolvemento do modelo do ADN e confirmou a estrutura helicoidal do ADN previamente postulada, que fora presentada nunha serie de tres artigos na revista Nature en 1953. O padrón de difracción determinaba a natureza helicoidal das febras en dobre hélice antiparalelas. O exterior da cadea de ADN ten un esqueleto de moléculas de desoxirribosa e fosfato alternantes, e no interior están as bases que codifican a información xenética. Os cálculos de Watson e Crick feitos a partir da fotografía do equipo de Franklin proporcionaron os parámetros fundamentais sobre o tamaño e estrutura da hélice.[8][10][11]

Cando os historiadores reexaminaron o período durante o cal se obtivo esta imaxe, orixinouse unha considerable controversia sobre a importancia e a contribución desta imaxe ao traballo de Watson e Crick, e sobre os métodos mediante os que obtiveron a imaxe. Franklin fora contratada independentemente de Maurice Wilkins, quen, non obstante, mostrou a Foto 51 a Watson e Crick, sen o seu coñecemento. Se Franklin tería deducido ou non cos seus propios datos a estrutura do ADN en caso de que Watson e Crick non tivesen obtido a súa imaxe, é un asunto moi debatido,[6][12][13][14] que se fai máis controvertido pola negativa caricatura que se fai de Franklin nos primeiros capítulos da historia escrita por Watson The Double Helix sobre a investigación da estrutura do ADN.[12][15][16] Watson admitiu a imaxe distorsionada da figura de Franklin que fixera no seu libro, facendo notar no epílogo: "Como as miñas impresións iniciais sobre [Franklin], tanto científicas coma persoais (como se indica nas primeiras páxinas deste libro) eran a miúdo erradas, quero dicir algo aquí sobre os seus logros."[17]

Notas editar

  1. "Due credit". Nature 496: 270. 18 April 2013. doi:10.1038/496270a. 
  2. "DNA: the King's story". 
  3. "Secret of Photo 51. Nova". PBS. 
  4. The gene: a historical perspective. Greenwood Publishing Group. 2007. p. 85. 
  5. Krock, Lexi (22 April 2003). "Anatomy of Photo 51". NOVA online. PBS. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Watson, James D.; Crick, Francis (1953). "A Structure for Deoxyribose Nucleic Acid" (PDF). Nature 171 (4356): 737–738. PMID 13054692. doi:10.1038/171737a0. 
  7. "My aunt, the DNA pioneer". BBC News. 24 April 2003. 
  8. 8,0 8,1 Maddox, Brenda (2002). Rosalind Franklin: The Dark Lady of DNA. HarperCollins. ISBN 0-06-018407-8. 
  9. "No momento que vin a foto quedei coa boca aberta e o meu pulso empezou a acelerar." -- James D. Watson (1968), The Double Helix, páxina 167. New York: Atheneum, Library of Congress número de tarxeta 68-16217. A páxina 168 mostra o patrón con forma de X da forma B do ADN, que proporcionou detalles da estrutura helicoidal do ADN a Watson e Crick.
  10. Maddox, pg. 199
  11. "Rosalind Franklin's Legacy". PBS. 22 April 2003. 
  12. 12,0 12,1 Maddox, Brenda (2002). Rosalind Franklin: The Dark Lady of DNA. HarperCollins. ISBN 0-393-32044-8. 
  13. Max Perutz and the Secret of Life. Published in the UK by Chatto & Windus (ISBN 0-7011-7695-4), and in the USA by the Cold Spring Harbor Laboratory Press.
  14. Wilkins; Wilkins, M. (2003). The Third Man of the Double Helix, an autobiography. Oxford: Oxford University Press. 
  15. Watson, James D. (1980). The Double Helix: A Personal Account of the Discovery of the Structure of DNA (1968). Atheneum. ISBN 0-689-70602-2. 
  16. Sayre, Anne (1975). Rosalind Franklin and DNA. New York: W.W. Norton and Company. ISBN 0-393-32044-8. 
  17. Watson, James D. (1980). Gunther Stent, ed. The Double Helix: A Personal Account of the Discovery of the Structure of DNA (1980 Norton Critical Edition ed.). W.W. Norton and Company. ISBN 0-393-95075-1.